José Luis Martín Vigil
José Luis Martín Vigil, nado en Oviedo o 28 de outubro de 1919 e falecido en Madrid o 20 de febreiro de 2011, foi un escritor e anteriormente crego asturiano en lingua castelá.
Índice |
Traxectoria[editar]
Estudou a escola e o bacharelato cos xesuítas en Oviedo e a comezos dos anos trinta desprázase a Madrid para estudar na acabada de crear Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Navais. Sorpréndeo a Guerra Civil española nas vacacións de verán en Asturias e alístase co bando nacionalista, onde participa en combates na fronte do Ebro, na toma de Madrid, en Estremadura e en Toledo.
Ao rematar a contenda acaba a enxeñería e fai Filosofía e Teoloxía na Universidade de Comillas. En 1948 ingresa na Compañía de Xesús e cinco anos máis tarde ordéase sacerdote católico. Traballou como capelán de residencias universitarias e profesor en distintos centros de ensino, mentres compaxinaba estes labores co de crego; entre eles figurou entre 1951 e 1953 o colexio Santiago Apóstolo de Vigo.
En 1955 publica a súa primeira novela en México, novela que tería un importante éxito na España franquista: La vida sale al encuentro, ambientada precisamente en Vigo. Tres anos máis tarde, en 1958, abandonaría a Compañía de Xesús e varios anos despois veríase forzado tamén a deixar o sacerdocio debido á súa homosexualidade[1]. A partir desa primeira novela comezou a escribir con máis asiduidade, en especial novelas para xente nova, aínda que tamén cultivou outros xéneros, como a novela erótica. Tamén presentou programas de radio e televisión, entre eles un con Susana Estrada onde se abordaba a educación sexual na España dos anos oitenta.
Obras[editar]
Ficción[editar]
- La vida sale al encuentro, 1955
- Sexta galería, 1962
- Réquiem a cinco voces, 1963
- Tierra Brava, 1966
- Una chabola en Bilbao
- Los curas comunistas
- Muerte a los curas, 1978
- Cierto olor a podrido, 1979
- Doce indeseables, 1982
- El rollo de mis padres, 1982
- El faro de barlovento, 1983
- Un tal Marcos, 1984
- The boys' war, 1984
- Mi nieto Jaime, 1985
- Habla mi viejo, 1986 (Premio Gran Angular)
- Beatriz, un caso aparte, 1987
- Tres primos entre sí, 1988
- Ganímedes en Manhattan, 1988
- Iba para figura, 1991
- Me llamo Tolo, 1994
Non ficción[editar]
- Un sexo llamado débil , 1973
- Destino: Dios
- ¡En marcha, cristianos!
- Listos para resucitar
- Yo, Ignacio de Loyola , 1989