José Luis Gil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José Luis Gil
Nacemento José Luis Gil Sanz
9 de decembro de 1957 (57 anos)
Zaragoza, España España
Profesión Actor e director de dobraxe
Cónxuxe(s) Carolina Montijano
Ficha na IMDb

José Luis Gil Sanz, nado en Zaragoza o 9 de decembro de 1957, é un actor de cine, televisión e teatro española, ademais de director de dobraxe.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Zaragoza o 9 de decembro de 1957. O seu papel máis coñecido é o de Juan Cuesta na serie de televisión humorística Aquí no hay quien viva, pasando posteriormente a interpretar o personaxe de Enrique Pastor na continuación en Telecinco, La que se avecina. No entanto, leva na dobraxe desde finais da década de 1970; na súa carreira ha dobrando a actores como Patrick Swayze, Tim Allen, Hugh Grant e Woody Harrelson.

Con só vinte anos foi contratado en exclusiva polos estudos de dobraxe Exa de Madrid, e foi entón cando comezou a súa carreira como actor de dobraxe. Tamén dirixiu e protagonizou a dobraxe de varias producións de Walt Disney Pictures, entre as que destacan Tarzán, a triloxía de películas de Toy Story (Toy Story, Toy Story 2 e Toy Story 3) dobrando a Buzz Lightyear, e Atopando a Nemo. Ademais de prestar a súa voz a dobraxes de ficción, colabora asiduamente en publicidade como locutor.

Tamén foi actor infantil en case corenta programas dramáticos como Estudio 1, Teatro de siempre e Novela, así como en tempadas infantís do Teatro Español e o Teatro da Zarzuela de Madrid, con representacións para os máis pequenos, de obras como As aventuras de Tom Sawyer.

Membro dun grupo de teatro amateur ata os 16 anos, dedicouse fundamentalmente á interpretación de obras clásicas. Tras esta etapa, reincorporouse ao teatro profesional na compañía de José Calvo, ao que considera o seu mestre. Despois actuou con outras compañías no Teatro Lara e no Teatro María Guerrero, entre outros.

Entre os anos 1992 e 1996 formou parte, xunto a Antonio Hernández e Alfredo Cernuda, do trío de humor Entretrés, actuando no Teatro Marquina, así como en numerosos programas de televisión, onde tamén protagonizou as series Fernández y familia (Telecinco) e Los Cañete (Forta) e facendo colaboracións en El comisario e Agente 700.

En teatro realizou varias obras: Tres versiones de la vida, de Yasmina Reza, Salir del armario, de Francis Veber, Ser o no ser, de Ernst Lubitsch, e Fuga, de Jordi Galcerán.

En 2012 debuta como director cinematográfico coa curtametraxe Entre Cartones, un conto urbano sobre a indixencia protagonizado por Carolina Noriega e o propio José Luis Gil. [1]

No persoal, está casado coa tamén actriz Carolina Montijano[2] e son pais de tres fillos. É xenro da tamén actriz Matilde Conesa.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Entre outros filmes:

Como actor de imaxe en cine
Como actor de dobraxe en cine

Televisión[editar | editar a fonte]

Entre outras series:

Como actor de imaxen en televisión
Como actor de dobraxe en televisión

Teatro[editar | editar a fonte]

Entre outras obras:

Premios[editar | editar a fonte]

Premios da Unión de Actores
Ano Categoría Traballo Resultado
2005 Mellor actor protagonista de televisión Aquí no hay quien viva Candidato
2006 Mellor actor protagonista de televisión Aquí no hay quien viva Gañador
Outros premios

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]