José Luis Azcueta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José Luis Azcueta
Información persoal
Nome José Luis Azcueta Uriarte
Nacemento 13 de outubro de 1936
Lugar de nacemento Galdakao
Falecemento 24 de xullo de 2014
Altura 1,72 m.
Posición Defensa
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1959–1960 Indautxu 20 (0)
1960–1962 Betis 7 (0)
1962–1963 Oviedo 12 (0)
1963–1968 Pontevedra 76 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

José Luis Azcueta Uriarte, nado en Galdakao (Biscaia) o 13 de outubro de 1936 e finado en Pontevedra o 22 de xullo de 2014, foi un futbolista español. Xogaba de defensa. Formou parte do equipo do Pontevedra que debutou en Primeira División.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Na tempada 1959–60 debutou co Indauxtu en Segunda División. Case ao remate da campaña, firmou polo Real Betis, debutando así en Primeira División o 3 de abril de 1960, nunha vitoria a domicilio fronte ao Real Valladolid (0–1). Permaneceu no club andaluz até o remate da tempada 1961–62.

Na campaña 1962–63 firmou polo Real Oviedo, onde participou en 12 partidos.

Na tempada 1963–64 fichou polo Pontevedra, formando parte do once habitual que debutou en Primeira División. O seu debut produciuse na primeira xornada, nun empate fronte ao Real Zaragoza en Pasarón (1–1). Pese a que nesa campaña o equipo granate descendeu a Segunda División, permaneceu no club catro tempadas máis.

Faleceu o 22 de xullo de 2014, aos 77 anos, logo dunha doenza.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]