José Luis Astiazarán
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José Luis Astiazarán Iriondo, nado en Cidade de México o 31 de outubro de 1963, é un directivo español, e actual presidente de Liga de Fútbol Profesional (LFP).
Avogado de profesión, José Luis Astiazarán foi elixido presidente da Real Sociedad en 2001, abandonando o club en xuño de 2005 e converténdose así no 4º Presidente da Liga Nacional de Fútbol Profesional.
Desde 2005 Astiazarán forma parte da xunta directiva da EPFL, a asociación de ligas profesionais a nivel Europeo e desde o 2008 é vicepresidente da Real Federación Española de Fútbol.
En 2009 Astiazarán foi nomeado membro da Subcomisión da Comisión do Estatuto do Xogador para a protección de menores da FIFA.