José López Rega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
López Rega

José López Rega, coñecido como o Brujo (Buenos Aires, 17 de outubro de 19169 de xuño de 1989) foi un político arxentino, célebre como secretario privado de Juan Domingo Perón, e cunha poderosa influencia sobre o líder peronista e a súa esposa.

Como ministro de Benestar Social durante os gobernos de Héctor J. Cámpora, de Raúl Alberto Lastiri e do propio Perón, promoveu unha política fortemente conservadora e organizou a Alianza Anticomunista Arxentina, un grupo armado de ultradereita que practicou asasinatos selectivos para combater a influencia da á esquerda do peronismo e de organizacións marxistas. Obrigado a renunciar ao seu cargo en 1975 tras as violentas reaccións ao plan económico promovido polo seu protexido Celestino Rodrigo para desmobilizar ao sindicalismo arxentino, exiliouse en España, e estivo prófugo da xustiza durante dez anos. Foi apresado en Estados Unidos e logo extraditado. Morreu á espera de ser xulgado por múltiples cargos de homicidio, asociación ilícita, e secuestro.

Traxectoria xuvenil[editar | editar a fonte]

López Rega foi, de acordo ao seu biógrafo, un neno introvertido e calado, cun profundo interese en temas espirituais e relixiosos. Grazas ao apoio do Xefe de Policía Filomeno Velazco, López Rega integrou a garda que protexía a residencia presidencial. Empezou sendo cabo e máis tarde coa axuda do xeneral Perón, ascendeu a xefe da policía.

Proximidade aos Perón[editar | editar a fonte]

Desde pequeno sempre quixo ser policía, pero cando nunha manifestación, o xeneral Perón, quedou sen un custodia, o ”brujo” tomou o seu lugar, e desde ese momento subiu ao poder. Unha común afección polo espiritismo vinculou finalmente a López Rega con a esposa de Perón en 1965, cando esta, enviada polo seu esposo desde o seu exilio en España, organizou unha reunión en casa do maior Bernardo Alberte, delegado de Perón e promotor de varios dos movementos da esquerda peronista, entre eles a CGT dos Arxentinos.

Tras gañarse a confianza de Isabel, López Rega trasladouse a España, onde exerceu como custodio e logo como secretario privado do matrimonio. Tras as eleccións de 1973, nas que triunfou Cámpora, Perón enviouno para ocupar a carteira de Benestar Social; desde esta opúxose ás medidas dos elementos máis afíns á esquerda, como Esteban Righi. En xuño deste mesmo ano, cando regresou Perón ao país, foi López Rega o instigador do enfrontamento entre as dúas ás do peronismo que culminou na brutal masacre de Ezeiza, en que os sectores baixo o seu mando fusilaron ás columnas de Montoneros que intentaban aproximarse ao palco. As reaccións non se fixeron esperar; Mario Roberto Santucho, líder do Ejército Revolucionario del Pueblo, chamou a conferencia de prensa para acusar a López Rega e ao tenente coronel José Manuel Osinde da masacre. As declaracións de López Rega e de Perón, quen apoiara epistolarmente desde o exilio aos grupos como Montoneros, foron esta vez durísimas contra eles, e o delicado equilibrio que agrupara no movemento peronista a dúas faccións moi distintas non tardou en romper. López Rega criticou abertamente a posición de Cámpora en reunión de gabinete; tras os feitos, e ao decatarse das reunións de Perón cos líderes da CGT e o Ejéricto, tanto Cámpora como o seu vicepresidente renunciaron, e a presidencia quedou provisionalmente en mans do presidente da Cámara de Deputados, Raúl Alberto Lastiri.

Chegada ao poder[editar | editar a fonte]

O éxito de López Rega en desprazar do poder á esquerda peronista quedou demostrado o 4 de agosto, no Congreso Nacional Justicialista, co nomeamento da súa protectora Isabelita como candidata á vicepresidencia; o 23 de setembro, a fórmula Perón-Perón chegou ao poder co 61,85%. Preocupados polo sesgo que tomaba o goberno nacional, Montoneros asasinou ao conservador secretario xeral da CGT José Ignacio Rucci o 25 de setembro de 1973, o que deu pábulo a López Rega para decretar a proscripción dos grupos armados e a clausura do diario El Mundo, afín aos mesmos. As accións de López Rega non se limitaron ao institucional: un mes máis tarde, o senador radical Hipólito Solari Yrigoyen foi gravísimamente ferido no primeiro atentado autoadxudicado pola Alianza Anticomunista Arxentina. Suponse que o atentado foi dirixido polo entón Xefe da Policía Federal, Rodolfo Almirón.

Entre as primeiras accións de Perón, tras asumir, contouse o agravamento das penas contra a "sedición" e a "subversión"; o agravamento da ruptura foi visíbel no enfrontamento interno da bancada peronista no Congreso, onde renunciaron oito deputados da Mocidade Peronista. Cando, o 1 de xullo, falecía Perón, Isabel asumiu a presidencia, e López Rega un rango case de primeiro ministro, ao serlle confiada a dirección de todas as secretarías baixo a órbita da Presidencia. A composición do novo ministerio foi case integramente obra súa.

Caída[editar | editar a fonte]

López Rega abandonou España e refuxiouse en Suíza, onde viviría preto de Xenebra ata 1982, cando foi descuberto por un fotógrafo. Escapando da notoriedade, fuxiu a Bahamas, onde viviu ata 1986, alternando a súa residencia con Miami. En 1986 foi situado cando intentaba renovar o seu pasaporte e extraditado á Arxentina, onde a xustiza o buscaba por diversos delitos, entre eles corrupción, asociación ilícita e homicidio. No ínterin, a CONADEP atribuíra á Triple A a intervención en 19 homicidios en 1973, 50 en 1974 e 359 en 1975; sospeitábase ademais da súa participación en centos doutros. Preso e en espera de sentenza, morreu en Buenos Aires aos 73 anos.