José Ignacio Zubeldia Zaldúa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Zubeldia
Información persoal
Nome José Ignacio Zubeldia Zaldúa
Nacemento 12 de xaneiro de 1925
Lugar de nacemento Donostia
Posición Dianteiro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1945-1946 Hércules CF 14 (2)
1947–1950 Celta de Vigo 28 (6)
1950-1952 Real Zaragoza
1953-1954 CA Osasuna
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

José Ignacio Zubeldia Zaldúa, nado en Donostia o 12 de xaneiro de 1925, é un exfutbolista vasco que xogaba na demarcación de dianteiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Debutou en Primeira División co Hércules CF na tempada 1945/46 e un ano despois ficha polo Celta de Vigo tras conseguir a carta de liberdade.

Debutou co Celta o 28 de setembro de 1947 fronte ao Real Oviedo con vitoria celeste por 1-2. Esa primeira tempada, na que Zubeldia disputou 17 encontros, o equipo rematou o campionato ligueiro na cuarta praza e chegou ata a final da Copa do Rei, encontro que perdeu ante o Sevilla FC.

Trala marcha do adestrador Ricardo Zamora Zubeldia foi perdendo protagonismo no equipo ata a súa última tempada no equipo, a 1949/50 na que so xogou dous encontros.

Na tempada 1950/51 foi traspasado ao Real Zaragoza por 250.000 pesetas. Co club maño conseguiu o ascenso a Primeira División ao ano seguinte. Finalmente aínda puido xogar en primeira división no CA Osasuna na tempada 1953/54.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]