José Ignacio Munilla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Ignacio Munilla

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento13 de novembro de 1961 Editar o valor em Wikidata (62 anos)
Donostia, España Editar o valor em Wikidata
Bishop of Orihuela-Alicante (en) Traducir
7 de decembro de 2021 –
← Jesús Murgui Soriano (pt) Traducir
Bispo de Donostia
21 de novembro de 2009 – 7 de decembro de 2021
← Juan María UriarteFernando Prado Ayuso →
Bispo de Palencia
24 de xuño de 2006 – 21 de novembro de 2009
← Rafael Palmero Ramos (pt) TraducirEsteban Escudero Torres (pt) Traducir →
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica latina Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico latino (2006–), bispo católico (2006–), Sacerdote católico de rito romano (1986–) Editar o valor em Wikidata
ProfesoresJosé Antonio Sayés Bermejo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua éuscara Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónManuel Monteiro de Castro (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

José Ignacio Munilla Aguirre, nado en Donostia o 13 de novembro de 1961, e un eclesiástico e teólogo católico vasco, bispo diocesano de Palencia de 2006 a 2009, de Donostia dende 2009 até 2021, e de Orihuela-Alacant desde ese ano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

José Ignacio Munilla Aguirre naceu en Donostia o 13 de novembro de 1961.[1] Estudou no Seminario Maior de Toledo e posteriormente licenciouse en Teoloxía Espiritual pola Facultade de Teoloxía do Norte de España, con sede en Burgos.[2]

Foi ordenado sacerdote da diocese donostiarra o 29 de xuño de 1986 por José María Setién.[2][1] Os seus primeiros encargos pastorais foron en Zumarraga, localidade na que foi vigairo parroquial até 1990, e entre 1990 e 2006 párroco da parroquia de El Salvador.

O 24 de xuño de 2006 foi nomeado bispo de Palencia,[1][2] recibindo a ordenación episcopal de mans do nuncio Manuel Monteiro de Castro o 10 de setembro.[1]

O 21 de novembro de 2009 foi elixido para suceder a Juan María Uriarte á fronte da Igrexa guipuscoana.[3]

Obra[editar | editar a fonte]

  • Las cartas sobre la mesa: tres años como obispo de Palencia. Madrid: Ciudadela. 2009. 
  • Siete claves del matrimonio y de la familia cristiana. Donostia: Idatz. 2011. 
  • A la luz de su mirada: tres propuestas para el examen de conciencia y la revisión de vida. Donostia: Idatz. 2012. 
  • Creo, pero aumenta mi fe. Madrid: Biblioteca de Autores Cristianos. 2012. 
  • El descarte el aborto. Donostia: Idatz. 2014. 
  • Sexo con alma y cuerpo. Madrid: Freshbook. 2016. 
  • Dios te quiere feliz. Madrid: Palabra. 2018. 
  • Reparte tus siete dones... Los dones del Espíritu Santo. Viana de Cega: Samaritana. 2019. 

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Libreria Editrice Vaticana, ed. (2007). Annuario Pontificio. p. 551. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Sala Stampa della Santa Sede, ed. (24/06/2006). "Rinunce e Nomine". Bollettino della Sala Stampa della Santa Sede. 
  3. Sala Stampa della Santa Sede, ed. (21/11/2009). "Rinunce e Nomine". Bollettino della Sala Stampa della Santa Sede. 
Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Rafael Palmero
 Bispo de Palencia 
2006 - 2009
Sucesor:
Esteban Escudero
Predecesor:
Juan María Uriarte
 Bispo de Donostia 
2009 - 2021
Sucesor:
(sé vacante)
Predecesor:
Jesús Murgui Soriano
 Bispo de Orihuela-Alacant 
2021 - actualidade
Sucesor:
(no cargo)