José González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José González
José Gonzales at La Route du Rock 2008, b.jpg
José González no festival La Route du Rock en Saint-Malo (Bretaña, Francia), o 22 de febreiro do 2008.
Nome completo José González
Alias
Naceu 1978
Göteborg, Suecia Flag of Sweden.svg
Orixe {{{orixe}}}
Morreu
Ocupación (s) Cantautor
Xénero Indie, Folk
Instrumento(s) Voz, guitarra
Tipo de voz
Selo(s) discográfico (s) Imperial, Parasol, Mute, Peacefrog
Relacionado con Junip, Zero 7
Tempo en activo 2003 — actualidade
Web www.jose-gonzalez.com

José González é un cantante e compositor sueco de música indie/folk.

Índice

Biografía[editar]

José González, en agosto do 2006.

José González naceu en Gotemburgo en 1978, de pais arxentinos emigrados a Suecia. Medrou escoitando música folk e pop latinoamericana, en especial a música protesta do cantautor cubano Silvio Rodríguez, o seu artista favorito.

José González cursou o doutoramento de investigación en Bioquímica na Universidade de Gotemburgo.

A primeira banda á que se uniu foi Back Against the Wall, que tocaba hardcore punk, influenciada por The Misfits, Black Flag e Dead Kennedys. Despois tocou o baixo en outra banda hardcore, Renascence, entre 1993 e 1998. Tras isto, entre 1997 e 1998, José tocou a guitarra coa banda emo rock Only If You Call Me Jonathan.

No 2003, puxo á venda o seu primeiro álbum, Veneer, en Europa. O álbum foi posteriormente posto á venda no Reino Unido, o 25 de abril do 2005, e nos Estados Unidos, o 6 de setembro dese mesmo ano.

O seu son característico é o solo de guitarra clásica combinado con melodías vocais suaves.

O seu segundo álbum, In Our Nature, foi posto á venda internacionalmente o 24 de setembro do 2007. O contido lírico do álbum foi en parte influenciado polas súas lecturas de libros como God Delusion (O espellismo de Deus) do biólogo evolucionista Richard Dawkins ou Practical Ethics do ético Peter Singer.

Discografía[editar]

Álbums[editar]

* Veneer (2003)
* In Our Nature (2007)

EPs[editar]

* Crosses EP (2003)
* José González & Jens Lekman Split Tour Single (2003)
* Remain EP (2004)
* Stay In The Shade EP (2004)
* Australian Tour EP (2005)
* B-Sides Collected EP (2006)
* 3 EP Collection (2007)
* José González & Promise and the Monster Split Tour Single (2007)

Sinxelos[editar]

* Heartbeats (2006)
* Laura, Laura (2006)
* Crosses (2006)
* "Hand On Your Heart (2006)
* Down The Line (2007)
* Killing For Love (2007)
* Teardrop (2007)
* Down The Line (2008)
* Killing For Love (2008)


Véxase tamén[editar]

Ligazóns externas[editar]