José Gómez Martínez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX Pontevedra, España |
Morte | 7 de xuño de 1940 Teis, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote católico , xornalista , escritor |
Empregador | Igrexa católica El Noroeste Tierra Gallega La Correspondencia Gallega El Áncora El Eco de Galicia (A Coruña) El Ideal Gallego |
Membro de | |
Pseudónimo literario | Zenitram |
Lingua | Lingua castelá |
José Gómez Martínez, que asinaba como Zenitram, nado en Pontevedra e finado en Teis o 7 de xuño de 1940[1], foi un sacerdote e xornalista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Foi capelán do convento das Clarisas de Pontevedra, coadxutor de San Xurxo da Coruña (1908), coadxutor de Bueu (1914) e párroco de Teis (1915). Dirixiu El Áncora e El Eco de Galicia e colaborou en La Correspondencia Gallega, El Noroeste, Tierra Gallega e El Ideal Gallego. Asinaba as súas colaboracións co pseudónimo Zenitram.[2]
Obras[editar | editar a fonte]
- Rasguños, 1908.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Necrolóxica en Martín Codax, 67, 15-6-1940, p. 49.
- ↑ Retrato de José Martínez, Zenitram por Ksado en Vida gallega, ilustración regional ano XIX n.º 345, 30/6/1927.