José Ferrer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José Ferrer

José Ferrer, nado o 8 de xaneiro de 1912 no barrio portorriqueño de Santurce, en San Juan, e finado o 26 de xaneiro de 1992 en Coral Gables, Florida, foi un actor de cine e teatro, director e produtor de cine portorriqueño.

Participou en máis de 60 filmes e moitas obras teatrais ao longo da súa carreira. Debutou como director e produtor na película "The Shrike" en 1955. Obtivo tres nominacións aos Premios Óscar.