José Fernando Fernández Vázquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José Fernando Fernández Vázquez
Nacemento1904
Lugar de nacementoA Pobra do Caramiñal
Falecemento1986
Lugar de falecementoMérida
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmilitar
PaiAntónio Sotomaior
NaiMaria Portela
FillosLuiz Hernandez Ackerman
IrmánsBalbino Fernández Vázquez
editar datos en Wikidata ]

José Fernando Fernández Vázquez, coñecido como comandante Sotomayor, nado na Pobra do Caramiñal en 1904 e finado en Mérida (Venezuela) en 1986, foi un militar galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de nai solteira. Traballador da conserva, militou no PSOE e fundou a agrupación socialista da Pobra do Caramiñal. Por problemas nas fábricas da conserva da Pobra foi detido e condenado ó desterro en Vilagarcía de Arousa onde traballou como albanel e coincidiu con José Domingo González Boullosa. En 1933 ingresou no Partido Comunista de España e presentouse ás eleccións de 1933 como candidato polo PCE.

Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estaba na Pobra e para evita-los falanxistas que o perseguían fuxiu por mar, nunha lancha roubada, perseguido pola ría ata que arribou a un porto seguro. Co triunfo das forzas franquistas en Galicia ten que se refuxiar na serra do Barbanza e permanecer alí cun grupo de homes armados ata agosto de 1937, cando fuxiu a Portugal, onde colaborou no afundimento dun buque alemán cargado con armas para o bando franquista antes de pasar á zona republicana.

Campo de concentración e exilio[editar | editar a fonte]

Participou na resistencia francesa contra os nazis e estivo no campo de concentración de Auschwitz. En protesta polo abandono da loita armada saíu do PCE en 1948. Exiliado en Venezuela foi propietario dun pequeno taller de electricidade. Foi un dos fundadores do DRIL e participou no secuestro do Santa María. Pasou uns anos en Cuba como profesor de universidade e foi membro da secretaría permanente da Organización Latinoamericana de Solidariedade.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Ideas sobre la técnica del golpe de estado, 1932.
  • Yo robé el Santa María.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Manuela Pou e foi pai de José, Rosa, Manuel, Santiago e Guillermo Fernández Pou.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Abuín Duro, Marcelino (2018). La primavera rota. Vilagarcía de Arousa, 1936-1941. Abegondo: Sociedad Bibliográfica de Galicia. pp. 188–190. ISBN 978-84-09-02453-7. 
  • Calvo, Tucho (28-1-1979). "Un gallego planeó el secuestro del trasatlántico «Santa María»". La Voz de Galicia: 27. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]