José Dionisio Valladares Gómez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Dionisio Valladares Gómez
Nome orixinalJosé Dionisio Valladares Gómez del Río y Rozas
Biografía
Nacemento23 de xuño de 1787 Editar o valor em Wikidata
Graba (Silleda)
Morte23 de marzo de 1864 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Actividade
Ocupaciónpolítico
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMaría de la Concepción Núñez Morciego
FillosJacoba, Petra, Marcial, Prima, Segunda, Isabel, Avelina, Sergio, Engracia e Luísa.

José Dionisio Valladares Gómez del Río y Rozas, nado en Graba (Silleda) o 23 de xuño de 1787 e finado o 23 de marzo de 1864, foi un político galego.

Biografía[editar | editar a fonte]

Igrexa da parroquia de Graba, patria do ilustre Valladares.

Estudou no seminario da cidade de Lugo, onde cursos Latinidade, Lóxica, Metafísica e Filosofía Moral. Tras finalizar os estudos en Lugo, trasladouse á Universidade de Santiago de Compostela, onde faría a carreira de Leis co grao de Bacharel nemine discrepante.

Co estoupido da Guerra xorde na Universidade compostelá un movemento patriótico, que deu como resultado a creación dunha compañía formada por estudantes contra a invasión das tropas francesas, denominado Batallón Literario, composto por ao redor 1.200 homes, entre cadetes e oficiais, encadrados en seis compañías e baixo as ordes do brigadier Don Juan Ignacio Armada Caamaño Ibáñez de Mondragón e Salgado de Sotomayor, marqués de Santa Cruz de Rivadulla. O 18 de xullo o batallón incorpórase no exército mandado polo xeneral Joaquín Blake, onde formaron a vangarda xunto aos voluntarios navarros.

Valladares foi abandeirado no batallón así como un dos primeiros que se alistou.

En outubro de 1817 casou con María de la Concepción Núñez Morciego na capela de don Pedro María de Cisneros, Conde de Ximonde. Ela era filla de José Núñez, avogado de Santiago de Compostela e Vilancosta, e de Teresa Morciego y Población (nada en Rioseco, Valladolid). Xuntos tiveron 10 fillos: Jacoba, Petra, Marcial, Prima, Segunda, Isabel, Avelina, Sergio, Engracia e Luísa.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]