José Conde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

José Antonio Conde Cid, coñecido artisticamente como José Conde, nado en Ourense en 1955 e finado en Madrid o 25 de febreiro de 2011[1], foi un modelo e actor galego de series de televisión, cine e teatro.

En 2011 atopábase a tratamento psicolóxico, e logo dun mes desaparecido, o seu cadáver apareceu en Madrid.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Debutou como actor na película Tierra de rastrojos (Antonio Gonzalo, 1980). Posteriormente participou en películas como La conjura de El Escorial, Las ratas, La isla del infierno, Malena es un nombre de tango, Corazón de bombón, Capitán Escalaborns e Óscar, el color del dinero.

Iniciouse na televisión en 1989 coa serie Brigada central[2], e desde entón centrou a súa carreira nese medio. En 1996 comezou na serie Médico de Familia, e en 1997 déronlle un dos papeis protagonistas da telenovela Calle nueva. En 1999 participou en 20 capítulos da serie xuvenil Nada es para siempre. Máis tarde fixo aparicións episódicas en series como La verdad de Laura, Paraíso, El Comisario ou Aquí no hay quien viva. Entre 2005 e 2006 regresou ás telenovelas con Amar en tiempos revueltos. Tamén interviu en Herederos (2008), La hora de José Mota (2009) e 23-F: Historia de una traición (2009). Nese mesmo ano comezou o que foi o seu último gran papel, en Sin tetas no hay paraíso.

Interviu en montaxes teatrais como Electra, Don Juan, Políticamente incorrecto ou Que viene mi marido.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]