José Cao Moure

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Cao Moure

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1880 Editar o valor em Wikidata
Morte11 de febreiro de 1960 Editar o valor em Wikidata (79/80 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Pereiró Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Galiciana: 5581

José Cao Moure, coñecido como P.P.K.O., nado en 1880 e finado en Vigo o 11 de febreiro de 1960[1], foi un editor e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estableceuse en Vigo e foi propietario da editorial PPKO. As súas obras, moi comerciais, conteñen abundantes fotografías. Editou os libros de ouro de Santiago de Compostela, Lugo, Pontevedra, Marín, Ourense e A Coruña. Publicou tamén un manual para tipógrafos. Colaborou en Faro de Vigo[2].

O seu libro Los Pazos Gallegos (1927-1932), en colaboración con Javier Ozores e o Marqués de Quintanar, percorre a arquitectura galega máis representativa dos pazos en Galicia.

Cabaleiro da Orde Civil de Afonso XII dende 1906 e comendador de número a partir de 1920. Académico da Real Academia Galega dende 1913[3] e da Real Academia de Belas Artes de San Fernando dende 1920. No ano 1923 nomeárono equivalente do portugués Instituto de Estudos do Minho e en 1940 recibiu a encomenda de Afonso X o Sabio. Foi concelleiro de Vigo.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Manual práctico de fotograbado sobre zinc y sobre cobre, 1909.
  • Catálogo de Vigo. Vigo a través de un siglo, 1922-1923.[4]
  • La Coruña a través de un siglo, 1924.
  • Catálogo ilustrado de Asturias, 1925.
  • Los Pazos Gallegos, 1927 (con Javier Ozores Pedrosa e o marqués de Quintanar).[3]
  • Vigo en 1927. Vigo y la actualidad viguesa.[5]
  • Relicario monumental de Galicia, 1932 (dir.).[3]
  • Franco ante el Apóstol Santiago. Galicia!, 1939.
  • Escuela Naval Militar de Marín, 1943 (dir.)
  • Homenaje al glorioso autor de la Salve de San Pedro de Mezonzo con motivo del templo que en su honor y sagrada memoria va a levantarse en La Coruña, 1949 (dir.).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 12-2-1960, p. 6.
  2. Necrolóxica en ABC, 23-2-1960, p. 43
  3. 3,0 3,1 3,2 Naya, Juan Carlos (1961). "José Cao Moure". Boletín de la Real Academia Gallega (en castelán) (A Coruña) (339-345): 306. ISSN 1576-8767. Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2023. Consultado o 03 de abril de 2022. 
  4. Catálogo de Vigo. Vigo a través de un siglo en Galiciana.
  5. Reeditado en 2005 polo Instituto de Estudios Vigueses.[1].

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]