José Calavera Ruiz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Calavera Ruiz

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento23 de outubro de 1931 Editar o valor em Wikidata
Melilla, España Editar o valor em Wikidata
Morte25 de agosto de 2023 Editar o valor em Wikidata (91 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónEscola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canales e Portos de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónprofesor universitario Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Dialnet: 315118


José Calavera Ruiz, nado en Melilla en 1931 e finado en Madrid o 25 de agosto de 2023[1], foi un catedrático e enxeñeiro de Obras Públicas e Camiños español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou na Escuela de Ingeniería de Obras Públicas de Madrid, sendo primeiro da súa promoción, e na Escuela Técnica Superior de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos de Madrid, da actual Universidade Politécnica de Madrid, na que tamén se doutorou, e que lle outorgou a cátedra de Edificación e Prefabricación. Foi catedrático emérito. Asemade, foi presidente e presidente de honor do Instituto Técnico de Materiales y Construcciones (INTEMAC).

Tamén foi membro da Commission on Prefabrication da Federatión Internationale du Béton (FIB), asesor para Europa do International Council on Tall Buildings, Membro de Honor da Facultade de Enxeñaría da Pontificia Universidade Católica de Chile (1980) e doutor honoris causa da Universidade Politécnica de Valencia (1992).

Deseñou o Teleférico de Fuente Dé e o Monumento al Indiano, ambos en Cantabria, as cubertas do desaparecido pavillón de deportes da antiga cidade deportiva do Real Madrid, da fábrica de cervexas Mahou de Madrid, e do Mercado Nacional de Torrelavega. Ademais deseñou numerosas instalacións industriais, en particular papeleiras, siderúrxicas e de prefabricados.

Tamén ten publicado numerosos libros entre os que destacan os relativos ó cálculo de estruturas e ó formigón armado e formigón pretensado e o cálculo das súas armaduras.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

No 1975 outorgóuselle o Premio da Convención Europea da Construción Metálica Sercometal, no 1990 a Medalla Eduardo Torroja, no 1999 a Medalla da Federation International du Béton (FIB) e no 2000 o Premio Grandes Figuras da Enxeñaría da Asociación Italiana da Prefabricación (CTE).

O 2 de setembro de 2012 foi recoñecido co título de fillo adoptivo de Ribadeo, vila coa que ten fortes lazos familiares, sociais e profesionais.[2]

En 2015 recibiu o Premio Nacional de Enxeñería Civil.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lugo, El Progreso de (2023-08-25). "Fallece José Calavera, hijo adoptivo de Ribadeo". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2023-08-25. 
  2. Agremon, Publicado por. "A honra de Ribadeo". Consultado o 2023-09-08. 
  3. "Bandeiras a media asta - Novas. Concello de Ribadeo". ribadeo.gal. Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2023. Consultado o 2023-08-29. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

C.V.