José Búa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Búa

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1895 Editar o valor em Wikidata
Cambados, España Editar o valor em Wikidata
Morte4 de decembro de 1936 Editar o valor em Wikidata (40/41 anos)
Estribela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

José Búa Laredo, nado en Cambados cara a 1895 e finado en Estribela (Lourizán, Pontevedra) o 4 de decembro de 1936, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De profesión albanel, era propietario dunha ferretería na Illa de Arousa e membro do PSOE, e presidente da agrupación local deste partido na Illa de Arousa. Foi o máximo responsábel da proclamación da República Federal da Illa de Arousa, o 7 de outubro de 1934. A pesar de ser detido por este feito, foi posto en liberdade poucos días despois. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e paseado. Foi fusilado no lugar de Estribela, na parroquia pontevedresa de Lourizán.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Santiago Pena, Xabier. Asociación Cultural A Dorna, ed. "Dorna. Xuño 2006." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de decembro de 2013. Consultado o 27 de outubro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]