José Antonio Martín Pallín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Antonio Martín Pallín

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento13 de xuño de 1936 Editar o valor em Wikidata (87 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Fiscal
Maxistrado do Tribunal Supremo de España
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Valladolid
Universidade de Deusto Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmaxistrado (1989–2006), fiscal (–1989) Editar o valor em Wikidata
EmpregadorTribunal Supremo de España Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Participou en
25 de febreiro de 2020Manifesto por unha política migratoria e de asilo propia dunha sociedade democrática avanzada Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm3171400 Dialnet: 81978 Editar o valor em Wikidata


José Antonio Martín Pallín, nado na Coruña en 1936, é un xurista galego que foi fiscal do Tribunal Supremo.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Dereito polas universidades de Deusto e de Valladolid. Entrou na carreira fiscal en 1965, e exerceu o seu labor como fiscal en distintas audiencias ata que en 1986 foi nomeado fiscal do Tribunal Supremo. Tres anos máis tarde, en 1989 nomeárono maxistrado da sala segunda, do penal e na actualidade é maxistrado emérito desa institución.

Academicamente foi profesor de Dereito Penal e Procesual nas universidades de La Laguna e na Autónoma de Madrid. Tamén foi profesor de dereito civil na Universidade Complutense de Madrid, na Universidade San Pablo CEU e na Autónoma de Madrid.

Ostenta distintos cargos e posicións de honra. Así, é membro da Comisión Internacional de Xuristas (IJC), do Comité de Bioética de España, do Instituto de Estudios Canarios, do Secretariado Internacional de Xuristas pola Amnistía e a Democracia en Paraguai, da Asociación Hispano-Alemá de Xuristas ou da Asociación pro Derechos Humanos de España. Ten participado en diversas misións internacionais en países de Suramérica organizadas por Amnistía Internacional.

Así mesmo foi presidente da Unión Progresista de Fiscais e voceiro de Xuíces para a Democracia.

Notas

  1. Munárriz, Ángel (2017-10-03). "Martín Pallín: "La vía adecuada es la canadiense porque las demás están agotadas"". infoLibre (en castelán). Consultado o 2023-09-12. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]