José Antonio Gurriarán
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José Antonio Gurriarán López, nado no Barco de Valdeorras o 7 de xullo de 1941, é un xornalista e escritor galego.
Índice |
Traxectoria [editar]
Iniciouse como xornalista con colaboracións no periódico Sil e na emisora Ondas del Sil. Estudou en Salamanca e despois en Madrid onde fixo Dereito, Xornalismo e Filosofía e Letras. Foi director do diario Pueblo, do Diario Montañés e da revista Geografía Universal. Foi director dos telexornais de TVE 2, xefe do gabinete de prensa de TVE e xefe da secretaría xeral de informativos de TVE. Foi correspondente de TVE e RNE en Portugal. Obtivo o Premio Larra de xornalismo en 1981.
Obras [editar]
- Caerá Allende?, 1973.
- La bomba, 1982.
- Chile. El caso del General, 1985.
- El Rey en Estoril, 2000.
- Armenios. El genocidio olvidado, 2008.