José Antonio García López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Antonio García López
Biografía
Nacemento13 de xuño de 1971 Editar o valor em Wikidata (52 anos)
Sarria, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Sarria
2011 – 2015
Deputado do Parlamento de Galicia
2009 – maio de 2011
Alcalde de Sarria
2003 – 2007 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Sarria Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , avogado Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Popular de Galicia Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

José Antonio García López, nado en Sarria o 13 de xuño de 1971, é un avogado e político galego do PPdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. En 1999 ocupou o número tres na lista da Agrupación Sarriana de Integración (ASI) en Sarria, a cal fixo alcalde ao socialista Claudio Garrido Martínez e foi tenente de alcalde e concelleiro de Urbanismo. Nas municipais de 2003 encabezou a lista de Iniciativa Galega (INGA), onde se integrara a súa formación, consiguindo 2 concelleiros e converténdose en alcalde co apoio do Partido Popular (6 edís) e dunha tránsfuga do BNG, tendo sido o PSdeG-PSOE o máis votado con 7 concelleiros. Encabezou a candidatura do PPdeG en Sarria nas eleccións municipais de 2007 e logrou sela forza máis votada, pero perdeu a alcaldía dado que o PSdeG alcanzou un pacto de goberno co BNG e o Partido Galeguista. Foi elixido deputado no Parlamento de Galicia polo PPdeG nas eleccións autonómicas de 2009. En 2011 encabezou de novo candidatura do PPdeG á alcaldía de Sarria, obtendo a maioría absoluta e recuperando a alcaldía, polo que dimitiu como deputado do Parlamento de Galicia. En 2015 perdeu a maioría absoluta e a alcaldía, dado que o PSdeG alcanzou un pacto con Compromiso por Galicia e o BNG. En 2019 encabezou de novo a candidatura popular e sigueu perdendo apoios, sendo derrotado polo exalcalde socialista Claudio Garrido Martínez, o cal encabezaba a candidatura Camiña Sarria e recuperou a alcaldía. En setembro de 2022 abandonou a portavocía do PPdeG tras haber renunciado a continuar na presidencia local do partido en Sarria.


Predecesor:
Claudio Garrido Martínez
 
Alcalde de Sarria
 
2003 - 2007
Sucesor:
Claudio Garrido Martínez
Predecesor:
Claudio Garrido Martínez
 
Alcalde de Sarria
 
2011 - 2015
Sucesor:
Pilar López Yáñez

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]