José Antonio Franco Cerdeira
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José Antonio Cesáreo Franco Cerdeira, nado en Ortigueira en 1939, é un avogado e político galego do PPdeG.
Índice |
Traxectoria [editar]
Foi alcalde de Ortigueira por UCD nas primeiras eleccións democráticas e continuou como alcalde ata 1985. Foi deputado provincial (1979-1983). Membro do Partido Demócrata Popular (PDP), foi deputado da Coalición Popular pola provincia da Coruña no Parlamento de Galicia na II lexislatura (1985-1990), e despois polo PPdeG na III e IV lexislaturas (1990-1997). Dimitiu en 1997 logo de coñecerse que cobrara indebidamente uns sete millóns de pesetas en soldos do Parlamento[1]
| Predecesor: Juan Luis Pía Martínez |
Alcalde de Ortigueira 1979 - 1985 |
Sucesor: Jesús Varela Martínez |