José Antonio Ferreiro González (político)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Antonio Ferreiro González
Biografía
Nacemento2 de abril de 1944 Editar o valor em Wikidata (80 anos)
Laxosa, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde do Corgo
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

José Antonio Ferreiro González, nado en Laxosa (O Corgo) o 2 de abril de 1944, é un empresario e político galego do PPdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Perito mercantil. Rexentou durante máis de tres décadas unha fábrica de elaboración de pensos e venda de materiais de construción. Foi concelleiro do Corgo e membro do equipo de goberno dende as primeiras eleccións democráticas. En maio de 1995, con motivo do pasamento do alcalde Darío Díaz-Castroverde, pasou a ostentar a alcaldía. Nas eleccións municipais de 1995 encabezou a candidatura da CNG á alcaldía do Corgo, tras haberse pasado co anterior alcalde a esta formación antes do seu falecemento, xa que este fora excluído da candidatura popular. Desta forma mantivo a alcaldía co apoio do BNG, co cal gobernou ata novembro de 1998, cando os nacionalistas racharon ao acordo tras fichar como candidato do PPdeG. Nas sucesivas eleccións continuou como alcalde, con maioría absoluta ata as municipais de 2015, cando volveu ser elixido como cabeza da lista máis votada[1].

Nas municipais de 2019 non se presentou á reelección e retirouse da política,[2] sendo substituído polo novo candidato do PPdeG Felipe Labrada Reija.


Predecesor:
Darío Díaz-Castroverde
 
Alcalde do Corgo
 
1995 - 2019
Sucesor:
Felipe Labrada Reija

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]