José Alonso Obregón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José Alonso Obregón
Nacemento13 de febreiro de 1883
Lugar de nacementoLaza
Falecementodecembro de 1936
Lugar de falecementoLaza
NacionalidadeEspaña
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónsacerdote católico, xornalista e escritor
editar datos en Wikidata ]

José Alonso Obregón, nado en Laza o 13 de febreiro de 1883 e finado no mesmo concello en decembro de 1936, foi un sacerdote, escritor e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sacerdote, foi párroco de Taborda até 1911 e colaborou en La Voz del Tecla. Trasladouse despois á parroquia de Cerdedelo, á do Castro de Laza e á de Xinzo de Limia. Asinaba co pseudónimo O Fidalgo de Monterrey. Reuniu varios cadros en galego na obra narrativa costumista N-a miña aldea, que se publicou en Ourense en 1928; nese texto está a primeira descrición dos peliqueiros do entroido de Laza.[1] Colaborou en El Compostelano e Heraldo de Galicia.

Obras[editar | editar a fonte]

  • N-a miña aldea, 1928.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Amado Rolán, Nieves (febreiro de 2011). "Os antigos traxes de peliqueiro de Laza". Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2014. Consultado o 19 de xaneiro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]