José Adrio Barreiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

José Adrio Barreiro, nado en Pontevedra en 1910 e finado na mesma cidade o 12 de novembro de 1936, foi un avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sepulcro no cemiterio de San Amaro de Pontevedra, xunto a súa muller e o seu sogro.

Fillo de José Adrio Mañá e irmán de Gonzalo Adrio Barreiro. Foi Gobernador Civil de Ourense en 1933 e Presidente da Deputación de Pontevedra do 19 ao 26 de marzo de 1936. Dirixente de Unión Republicana, coa sublevación do 18 de xullo de 1936 foi detido, xulgado e condenado á pena de morte. Foi fusilado o 12 de novembro de 1936.

Estaba casado con Aurora Poza Pastrana, filla de Celestino Poza Cobas, e irmá dos médicos Celestino e Luis Poza Pastrana (tamén asasinado).

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Luis Fontaíña Serrapio
Escudo Pontevedra.jpg
Presidente da Deputación de Pontevedra

1936
Sucesor:
Maximiliano Pérez Prego

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]