José Ángel Docobo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «José Ángel Docobo Durántez»)
José Ángel Docobo
Nunha entrevista en Ribadeo
Nome completoJosé Ángel Docobo Durántez
Nacemento1951
Lugar de nacementoA Coruña
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela e Universidade de Zaragoza
Ocupaciónastrónomo
editar datos en Wikidata ]

José Ángel Docobo Durántez, nado na Coruña en 1951, é un astrónomo galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse en Astronomía pola Universidade de Zaragoza, Universidades nas que exerceu como docente e investigador dende 1973. No 1979, ó gañar a oposición a praza de profesor adxunto numerario de Astronomía na Universidade de Barcelona, afíncase alí por curto tempo, trasladándose decontado a Galiza, concretamente a Santiago de Compostela, para se facer cargo da recuperación física e científica do Observatorio astronómico Ramón María Aller da USC, naquel intre en situación crítica.

En 1983 organiza en Santiago a IV Asemblea Nacional de Astronomía e Astrofísica, sendo asemade dende aquel ano director do observatorio, o que coincide co seu nomeamento como "Ramón María Aller", o seu fundador.

Ten sido director de teses doutorais, teses de licenciatura, memorias de investigación do DEA etc. Ten publicado máis de cen 'papers' en diversas revistas a nivel internacional, sendo autor ou coaoutor de cinco libros. Tras formar parte da Comisión 26 da IAU dende 1985, ocupa o cargo de vicepresidente da mesma no 2006, sendo dende 1993 coeditor da Circular de Información da Comisión. É membro fundador da Sociedade Española de Astronomía.

Astrónomo especialista en estrelas dobres, no 2006 foi elixido vicepresidente da Comisión 26 (Estrelas Dobres e Múltiples) da Unión Astronómica Internacional (UAI ou IAU en inglés), comisión da que formaba parte dende 1985; Director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC, Director do Programa de extensión Cultural de Astronomía da mesma Universidade, foi o revitalizador do observatorio astronómico santiagués e principal difusor da figura de Ramón María Aller. Recentemente adquiriu a condición de membro da Real Academia de Ciencias de Zaragoza.

En 2021 foi nomeado profesor emérito da USC.[1]

Outras actividades[editar | editar a fonte]

Foi presidente do equipo de baloncesto compostelán Obradoiro CAB, e vicepresidente da Sociedade Protectora de Animais de Santiago. Tamén cómpre salientar á súa presenza durante varios anos na listaxe de galegos máis influentes segundo o xornal Galicia Hoxe.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. ECG, Redacción. "La USC acaba de seleccionar a diez de sus profesores eméritos para los próximos tres cursos". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2021-05-12. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]