José Vega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José Vega
Información persoal
Nacemento 4 de outubro de 1904
Lugar de nacemento Vigo
Falecemento 30 de outubro de 1981
Lugar de falecemento Vigo
Posición centrocampista
editar datos en Wikidata ]

José Vega Lago, nado en Vigo o 4 de outubro de 1904 e finado o 30 de outubro de 1981 na mesma cidade, foi un futbolista galego que xogaba na demarcación de centrocampista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira futbolística nas categorías inferiores do Celta de Vigo, pasando ao primeiro equipo no ano 1926 onde se retiraría despois de 10 tempadas na elite. No ano 1928 nace a actual a liga de fútbol de España, co Celta de Vigo en Segunda División, ano no que tamén se inaugura o estadio de Balaídos.

Tras anos de intentos e a pesar de estar a punto de conseguilo en varias ocasións, o Celta de Vigo do cal Pepe Vega era capitán consegue o ascenso a Primeira División na tempada 1935-1936 tras ser campións da categoría de prata baixo a tutela do adestrador Ricardo Comesaña.

A excelente campaña do Celta non pasou desapercibida para o seleccionador da Selección española, que convocou a Pepe Vega e a Blanco para xogar contra Checoslovaquia en Praga e contra Suíza en Berna. Como internacional so xogou un partido, o 3 de maio de 1936 contra Suíza, substituíndo ao xogador do Athletic de Bilbao, Muguerza no minuto 30.

Porén, o debut do Celta de Vigo na máxima categoría atrasaríase tres anos, a causa do golpe de estado do exército contra o goberno da Segunda República que desembocaría na Guerra Civil Española

A guerra terminou tamén coa carreira de Pepe Vega, que xa non debutou co Celta na Primeira División.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]