Jorge Celedón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jorge Celedón
Jorge Celedón in DC.JPG
Naceu 4 de marzo de 1968 (46 anos)
Orixe Villanueva Flag of Colombia.svg Colombia
Xénero vallenato
Instrumento(s) voz

Jorge Celedón, tamén coñecido como Jorgito Celedón, nado en Villanueva, no departamento de La Guajira, o 4 de marzo de 1968, é un cantante colombiano de música vallenato.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Provén dunha familia de músicos e comezou a cantar en público con doce anos. Debutou profesionalmente como corista no grupo Binomio de Oro de América, e ó morrer o cantante Rafael Orozco Maestre en 1992 pasou a ser o cantante principal. En 1998 decidiu crear o seu propio grupo xunto ao acordeonista Jimmy Zambrano, co que gañou un Grammy Latino na categoría de cumbia-vallenato en 2007.