Jon Morgan Searle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jon Morgan Searle
Nacemento: 22 de xuño de 1930
Buckfast, Devon
Falecemento: 13 de Marzo de 2012
Xibraltar
Nacionalidade: británica
Ocupación: xornalista
Cónxuxe(s): Lina Searle

Jon Morgan Searle, nado en Buckfast (Devon) o 22 de xuño de 1930 e finado en Xibraltar o 13 de marzo de 2012, foi un xornalista xibraltareño e editor do Gibraltar Chronicle. Tamén foi correspondente da axencia de noticias Reuters e do The Times de Londres.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Na súa infancia, mudouse para o Canadá despois da morte de súa nai, e foi creado por amigos da familia. Formouse en artes plásticas na Universidade McGill, en Quebec, antes de regresar ao Reino Unido, onde serviu no Royal Army Educational Corps.[1]

Durante o servizo militar, foi enviado a Xibraltar, por primeira vez, onde ensinou arte e coñeceu a súa futura esposa, Lina. A parella volveu a Inglaterra, onde Lina estudou fisioterapia en Manchester e Jon graduouse en socioloxía en Liverpool. Despois de completar os seus estudos, a parella viviu por algún tempo en Coventry, antes de regresar a Xibraltar.[1]

No Peñón, Searle traballou como oficial de xustiza e profesor na Escola St. Jago, en finais dos anos 1950. Neste momento, apareceu unha oportunidade para integrar o equipo de xornalistas do Gibraltar Chronicle, e en 1966, Searle converteuse en editor do xornal, cargo que ocupou ata 1986. Durante este tempo el tamén foi correspondente da Reuters e The Times de Londres, informando sobre Xibraltar e toda a rexión.[1]

Searle tamén actuou como secretario da Biblioteca Garrison por moitos anos. O seu fillo, Dominique tamén se fixo editor do Chronicle en 1996.[2]

Jon Searle morreu o 13 de marzo de 2012.[1]

Autobiografía[editar | editar a fonte]

  • Song for a new life[3]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]