Joma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Logotipo de Joma

Joma é unha empresa española de roupa deportiva situada en Portillo de Toledo, en Castela-A Mancha.

Joma fundouse en 1965 e comezou fabricando e distribuíndo calzado en xeral. Non foi ata 1968 cando a marca decidiu enmarcarse dentro do sector do calzado deportivo e de tempo libre. Tras uns anos de éxito relativo, Joma lánzase ao fútbol, e nos anos 1992, 1994 e 1998 é o líder en vendas de fútbol do mercado español. En 1999 é considerada a terceira marca en España logo de Nike e Adidas do sector deportes e a primeira en fútbol.

Actualmente, a súa actividade principal é a fabricación e comercialización de calzado e téxtil deportivo, especializada en produtos técnicos para o fútbol, atletismo, fútbol sala e tenis. En Portillo de Toledo conta cuns 15.000 m² de nave e outros 70.000 m² anexos.

Joma é a primeira española no ranking mundial de marcas deportivas. En España está á cabeza en vendas e valoración no mercado do fútbol sala e dentro das cinco melloras marcas de deporte.

Posúe filiais propias en Estados Unidos, México, Panamá, Hong Kong, Italia, Alemaña e en Reino Unido, e unha rede de distribución que a fai estar presente en máis de 70 países dos cinco continentes.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]