Joly Braga Santos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Joly Braga Santos nado en Lisboa o 14 de maio de 1924 e finado na mesma cidade o 18 de xullo de 1988, foi un compositor de música erudita e mestre portugués, condecorado coa Ordem de Sant'Iago da Espada en 1977.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A música, que xa ouvía aos dous anos de idade, é a primeira forma artística de que se lembra. Agradáballe que lle oferecesen instrumentos musicais e o seu pai, apercebéndose da súa predilección pola música, levábao aos concertos e á opera. A Joly gustaballe especialmente as óperas con coro.

Aos cinco anos comezou a tocar nun violino para nenos. O seu apego ao instrumento parecía levalo a unha carreira de violinista profesional. Na verdade, chegou a estudar violino e composición no Conservatorio de Lisboa, onde foi aluno de Luís de Freitas Branco. Outra persoa que moito contribuiu para a súa formación foi o maestro Pedro de Freitas Branco, dando a coñecer a obra de Braga Santos en todo o mundo. O propio compositor lembra: «Ele axudoume dunha forma espantosa e abriu camiño á formación que mais tarde eu viría a ter.»

Durante a súa xuventude, o contexto de guerra mundial de enton impediu un contacto máis próximo do compositor coa cultura musical europeia. Joly Braga Santos procurou asi inspiración na tradición portuguesa, especialmente na obra do seu mestre Luís de Freitas Branco. O antigo folclore portugués e o polifonismo renascentista está ben presente no seu primeiro período, durante o qual compón as súas primeiras catro sinfonías. O talento de Joly demónstrase polo feito de as referidas obras teren sido compostas entre os 22 e os 27 anos e imediatamente executadas pola Orquestra Sinfónica da Emisora Nacional. Mas antes de completar 20 anos, o compositor transpuxo para música textos de Antero de Quental, Fernando Pessoa e Luís de Camões, que volverían a ser fonte de inspiración da súa 6ª Sinfonía. Contudo xa na 4ª sinfonía usara un poema de Vasconcellos Sobral no seu epílogo, tema ese que chegou a ser proposto para Himno Mundial da Xuventude.

O contacto coa Europa acontece coa súa ida para Italia, país onde foi bolseiro para musicoloxía, composición musical e dirección de orquestra. Estudou con Virgílio Mortari, Gioachino Pasqualini, Alceo Galliera e Hermann Scherchen, cuxo Curso Internacional de Rexencia frecuentou con Luigi Nono, Bruno Maderna e Fernando Corrêa de Oliveira. No seu regreso a Portugal, Joly tornouse unha figura de destaque na dirección de orquestra e durante un longo período de tempo deixou de lado a composición. Ele reférese a esa fase como un período "sabático", antes de se volver en 1965 para a súa maior creación: a Quinta Sinfonía. Esta obra foi o seu último traballo puramente orquestral, pois a Sexta Sinfonía foi composta para coro e soprano.

Por esta altura, o compositor portugués estaba xa bastante familiarizado coa mudanza de estilo musical resultante do período posguerra, apoiando aqueles que compuñan nun idioma máis agresivo e moderno. Braga Santos tamén proxectou a súa carreira nese sentido, mentres sen nunca perder a calidade melódica que faz a súa música tán brillante, misturándoa apenas cun pouco daquela aspereza que aparecía enton na música mundial. Neste período compuxo a ópera Trilogia das Barcas , baseada en Gil Vicente e estreada en 1970 no Festival da Gulbenkian, constituindo unha das grandes obras de sempre do repertorio lírico portugués.

A música de Joly Braga Santos pode ser vista principalmente como unha fusión dos varios estilos Europeus, particularmente da Europa Occidental. Mas é o propio quen diz: «Desde sempre entendi que tiña que crear o meu propio estilo e a miña música debía ser o resultado desa creación.» A melodía era para el a razón de ser da música.

Alén da vasta obra musical, Braga Santos pertenceu ainda ao Gabinete de Estudos Musicais da Emisora Nacional, foi Director da Orquestra Sinfónica do Porto, Maestro Asistente e de Captación da Orquestra Sinfónica da RDP, profesor de Composición do Conservatorio Nacional de Lisboa, crítico e articulista, entre outros do Diário de Notícias e fundou ainda a Juventude Musical Portuguesa.

O musicólogo João de Freitas Branco, autor da obra de referencia da historia da música portuguesa, salientou a xenerosidade cultural do maior sinfonista portugués. «Ele é o inverso do artista que se dirixe apenas a minorías privilexiadas. Ele quería que moitas persoas viesen a usufruir da súa arte.» Comunicar para ele era esencial, contribuindo para tal o seu espírito aberto. Pai dunha familia moi unida, adoraba as súas fillas, a quen chamaba as súas «maravillas pequeninas»

Elixido pola UNESCO como un dos 10 mellores compositores da música contemporánea de enton, Joly Braga Santos dise de si propio, parafraseando Stravinsky, «Non me considero compositor, mas si inventor de música.»

Morreu en Lisboa, no ano de 1988.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]