John Venn

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
John Venn

John Venn, nado en Drypool o 4 de agosto de 1834 e finado en Cambridge o 4 de abril de 1923, foi un matemático británico.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Destacou polas súas investigacións na lóxica indutiva. É especialmente coñecido polo seu método de representación gráfica de proposicións (segundo a súa cualidade e cantidade) e siloxismos. Os diagramas de Venn permiten, ademais, unha comprobación da veracidade ou falsedade dun siloxismo. Posteriormente foron empregados para mostrar visualmente as operacións máis elementais da teoría de conxuntos.

Entre as súas obras destacan Symbolic Logic (1881), The Logic of Chance (1866) e The Principles of Empirical Logic (1889).

Faleceu á idade de 88 anos en Cambridge.