John Redmond

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
John Redmond contra o 1916.

John Edward Redmond ou Seán Mac Réamainn en irlandés, nado en Kilrane (Condado de Wexford, Irlanda) o 1 de setembro de 1856 e finado en Londres (Inglaterra) o 6 de marzo de 1918, foi un político nacionalista irlandés, barrister, deputado na Cámara dos Comúns e líder do Partido Parlamentario Irlandés entre 1900 e 1918.

Xuventude[editar | editar a fonte]

Nacionalista desne pequeno, seu pai foi un activista da causa irlandesa. Foi ducado en colexios xesuitas e posteriormente estudou Dereito. Involucrado na política polo seu pai, en 1880 foi elixido parlamentario en representación do Partido Parlamentario Irlandés. Foi un forte opositor á política nacionalista violenta que algúns propugnaban, defendendo a postura do Home Rule, unha limitada forma de autogoberno para Irlanda proposta polo Reino Unido.

Líder do Partido Parlamentario Irlandés[editar | editar a fonte]

A partir de 1891 liderou a facción pro-Parnell do partido, logo da morte deste último; e cando o partido se reunificou en 1900, foi elixido como o seu presidente. A súa loita por establecer que o Home Rule fora aprobado extendeuse ata 1911, cando o parlamento británico aprobousno logo de catro proxectos fracasados. Sen embargo, esta situación foi fortemente rexeitada polos irlandeses protestantes, que temían ao dominio dun estado católico e un desequilibrio da situación económica debido ao carácter predominantemente agrícola de Irlanda.

A súa ameaza de oprse pola violencia, que coincidía cos irlandeses católicos máis radicais en non aceptar esta política moderada, levaron a que o Reino Unido reformulara o Home Rule e dividira Irlanda en zonas católicas e protestantes. Estas últimas seguirían gobernadas polos británicos por un tempo determinado. Aínda que se opuxo a este cambio, Redmond e o seu partido o aceptaron, pensando que sería algo temporal. Sen embargo, o inicio da Primeira Guerra Mundial pospuxo calquera troco ata despois do conflito. Redmond tivo a oportunidade de ser o xefe do goberno irlandés, mais o seu entusiasta apoio á participación irlandesa na guerra xunto aos británicos e o Alzamento de Pascua de 1916, sepultaron o seu liderazgo.

Declive político[editar | editar a fonte]

Este último feito, promovido por unha minoría católica que procuraba a independencia total, e a forte represión británica -tódolos líderes do Alzamento foron executados como traidores e o alistamento no exército fíxose obrigatorio- prenderon no nacionalismo irlandés e deron unha forza inesperada ao Sinn Féin, un partido que non tivera que ver co movemento, pero que ante a opinión pública era o referente dos nacionalistas católicos. O seu líder, Éamon de Valera, xurdiu entón como o líder de Irlanda na súa loita independentista. En 1918 o Sinn Féin obtivo a maioría nas eleccións xerais e proclamou a independencia unilateral de Irlanda, establecendo a República de Irlanda.

Sen embargo, Redmond non acadou a vivir o colapso do partido polo cal loitara toda a súa vida. Finou en marzo de 1918 e foi sucedido na dirección do movemento por John Dillon. É considerado un heroe por moitos debido ao seu compromiso coa non violencia nun período convulsionado e moi polarizado da política irlandesa.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Gwynn, Stephen: John Redmond's last years, Edward Arnold pub. (1919)
  • Gwynn, Denis: The Life of John Redmond (1932)
  • Bew, Paul: John Redmond (1996)
  • O’Connor Lysaght, D. R.: The Rhetoric of Redmondism History Ireland Magazine (Spring 2003).
  • Bew, Paul: Redmond, John Edward (1856-1918), Oxford Dictionary of National Biography (2004)
  • Meleady, Dermot:. Redmond: The Parnellite. ISBN 9781859184233. (2008)

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]