John Powell (atleta)
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Cadro de medallas | ||
|---|---|---|
| Xogos Olímpicos | ||
| Bronce | Montreal 1976 | Lanzamento de disco |
| Bronce | Los Angeles 1984 | Lanzamento de disco |
| Campionatos Mundiais | ||
| Prata | Roma 1987 | Lanzamento de disco |
| Xogos Pan-Americanos | ||
| Ouro | Cidade do México 1975 | Lanzamento de disco |
John Gates Powell, nado en San Francisco, California, o 25 de xuño de 1947, foi un antigo atleta estadounidense, especialista en lanzamento do disco. Foi recordista mundial desta disciplina cando en 1975 atinxiu a marca dos 69.08 metros, aínda que, conseguiría, como a súa mellor marca persoal, o rexistro dos 72.08 metros, en 1984, o que o coloca como o oitavo mellor lanzador de disco de todos os tempos.[1]