John Needham

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
John Turberville Needham.jpg

John Turberville Needham, nacido o 10 de setembro de 1713 e falecido o 30 de decembro de 1781, foi un biólogo inglés defensor da xeración espontánea.

En 1745 John Needham realizou un experimento: ferveu caldo de carne para destruír os organismos preexistentes e o colocou nun recipiente que non estaba o debidamente selado, xa que segundo a súa teoría, necesitábase aire para que se produciran microorganimos. Ao cabo dun tempo observou colonias de microorganismos sobre a superficie e concluíu que se xeraban espontaneamente a partir da materia non viva.

En 1769, Lazzaro Spallanzani repetiu o experimento pero tapando os recipientes de maneira hermética, comprobando que deste xeito non aparecían colonias de microorganismos, o que contradicía a teoría da xeración espontánea.

Pero Needham argumentou que o aire era esencial para a vida, incluída a xeración espontánea de microorganismos, e que este aire fora excluído nos experimentos de Spallanzani; en concreto, chegou a afirmar que Spallanzani destruía o que el chamaba a "forza vexetativa". Porén, Spallanzani volveu a abrir os recipientes onde supostamente destruíra esa forza vexetativa e observou que entón si aparecían os microorganismos.

Needham en 1748 publicou Observacións acerca da xeración, composición e descomposición das substancias animais e vexetais, traballo co que pretendía demostrar a teoría da xeración espontánea da vida a partir da materia inorgánica.

En 1768 foi elixido membro da Royal Society of London.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]