John Malkovich
| John Malkovich | |
|---|---|
John Malkovich, agosto do 2009. |
|
| Nacemento | John Gavin Malkovich 9 de decembro de 1953 (59 anos) Christopher, Illinois, |
| Profesión | Actor |
| Cónxuxe(s) | Glenne Headly (1982–1988), Nicoletta Peyran (1989–presente) |
| Fillo(s) | Amadine e Lowry |
| Ficha na IMDb | |
John Gavin Malkovich nado o 9 de decembro de 1953 en Christopher, Illinois é un actor, produtor e director de cine e teatro estadounidense.
Índice |
Traxectoria [editar]
O avó de Malkovich era croata desprazado ós Estados Unidos. O seu pai, Daniel foi moi polifacético (escritor, xornalista, fotógrafo), destacando a súa labor na conservación do patrimonio arquitectónico e natural. A súa nai Joanne foi editora dun xornal local de Benton (Illinois), onde Johnn pasou a súa infancia. Foi á Universidade do Estado de Illinois, pero non rematou os seus estudos e, finalmente, decantouse polo teatro e máis tarde polo cinema.
Estivo casado coa tamén actriz Glenn Headly entre os anos 1982 e 1988. Máis tarde, en 1989, casou coa súa actual esposa Nicoletta Peyran, asistente de dirección, a quen coñeceu na rodaxe do filme The Sheltering Sky. Teñen unha filla, Amadine, nada en 1990, e un fillo, Lowry, nado en 1992.
Gran fan de cultura mediterránea, viviu na Provenza durante moitos anos e visita regularmente Catalunya, xa que é un apaixonado da arquitectura modernista e un gran experto sobre a figura do arquitecto Josep Maria Jujol.
Filmografía [editar]
Actor [editar]
Director [editar]
- Johnny Loves Bobby (1989)
- Strap-Hanging (1999)
- The Dancer Upstairs (2002)
- Hideous Man (2002)
- Blazing Satchels (2008)
- Lady Behave
Guión [editar]
- Hideous Man (2002)
Produtor [editar]
- The Accidental Tourist (1988) (produtor executivo)
- Ghost World (2001)
- The Dancer Upstairs (2002)
- The Libertine (2004)
- Kill the Poor (2006)
- Art School Confidential (2006)
- Juno (2007)