John Logie Baird

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
John Logie Baird e o seu televisor

John Logie Baird, nado en Helensburgh en 1888 e falecido en Bexhill en 1946, foi un enxeñeiro escocés, un dos pioneiros da televisión.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Baird nos primeiros intentos de desenvolver un sistema de televisión experimentou, mellorándoo, co disco de Nipkow, un disco que servía de mecanismo para proxectar a luz reflectida por un obxecto sobre unha serie de células de selenio que enviaban os impulsos eléctricos correspondentes a través dun cable. En febreiro de 1924 transmitiu imaxes estáticas de a través dun sistema mecánico de televisión analóxica. O 30 de outubro de 1925 transmitiu as primeiras imaxes en movemento, tamén foi el o que realizou a que se considera a primeira[1] demostración pública dun sistema real de televisión o 26 de xaneiro de 1926. Tamén foi un dos pioneiros da gravación videográfica[2][3]. En 1927 fundou a Baird Television Development Company coa que en 1928 fixo a primeira transmisión transatlántica de televisión, entre Londres e Nova York e fixo o primeiro programa de televisión para a BBC. En 1931 realizou a primeira transmisión en directo, o derbi de Epsom.

Dende 1929 BBC empregou o sistema de 240 liñas de barrido mecánico para a transmisión dos seus programas ata 1937 en que o substituíu por un electrónico. Durante os anos da Segunda Guerra Mundial traballou no desenvolvemento da televisión en cor, e o 16 de agosto de 1942 realizou a primeira demostración pública dun tubo electrónico en cor[4].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BBC History: Historic Figures
  2. The Museum of Broadcast Communications
  3. Vídeo realizado por Baird
  4. Albert Abramson, Christopher H. Sterling "The History of Television, 1942 to 2000", pp. 13-14