John Kuester

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
John Kuester
Posición Base
Dorsal 5, 10
Altura 1,88 m (6 ft 2 in)
Peso oficial 82 kg (180 lb)
Nacemento 6 de febreiro de 1955 (69 anos)
Richmond, Virxinia
Carreira
Universidade North Carolina (1973–1977)
NBA Draft 1977 / Rolda: 3 / Elección: 53
Por Kansas City Kings
Tempadas 19771980
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     451
Asistencias     305
Roubos     83
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios
Adestrador

John Dewitt Kuester, Jr., nado o 6 de febreiro de 1955 en Richmond, Virxinia, é un ex xogador americano de baloncesto profesional. Xogou na National Basketball Association (NBA) dende 1977 ata 1980, e logo comezou a súa etapa coma adestrador na NCAA, antes de ser adestrador asistente de varios equipos da NBA. O 9 de xullo de 2009 foi contratado coma adestrador principal dos Detroit Pistons, equipo ó que adestrou dúas tempadas.

Xogaba na posición de base e na universidade xogou para os North Carolina Tar Heels, dende 1973 ata 1977.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Xogador[editar | editar a fonte]

Kuester foi seleccionado na 53ª posición do Draft da NBA de 1977 polos Kansas City Kings. Alí xogou 78 partidos na tempada 1977-78, onde conseguiu 4.8 puntos, 3.2 asistencias e 1.5 rebotes por partido. Nas outras dúas tempadas coma xogar, estivo unha tempada nos Denver Nuggets e outra nos Indiana Pacers.

Adestrador[editar | editar a fonte]

Kuester comezou a súa carreira coma adestrador na Universidade de Richmond, onde foi asistente de 1980 a 1981. De 1981 a 1983, foi asistente de Rick Pitino na Boston University, antes de ser o seu substituto en 1983. De 1985 a 1990, foi o adestrador principal da Universidade George Washington.

Despois da NCAA, deu o salto á NBA, onde estivo de adestrador asistente nos Boston Celtics, Philadelphia 76ers en dúas etapas diferentes, Detroit Pistons, New Jersey Nets, Orlando Magic e Cleveland Cavaliers, antes de conseguir o seu primeiro posto coma adestrador principal nos Detroit Pistons, na tempada 2009-10. O 5 de xuño de 2011, foi despedido do seu posto.[1]

O 29 de xuño de 2011, foi contratado coma adestrador asistente dos Los Angeles Lakers.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Pistons Fire Coach John Kuester". Arquivado dende o orixinal o 23 de febreiro de 2014. Consultado o 09 de febreiro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]