John Kay

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
John Kay tocando en 2007

John Kay, nado como Joachim Fritz Krauledat o 12 de abril de 1944 na cidade de Tilsit localizada entón en Prusia Oriental , é un músico de rock canadense de orixe alemá.

Índice

Traxectoria [editar]

No marco da Segunda Guerra Mundial e ante o avance das tropas soviéticas cara a Prusia Oriental no comezo do ano 1945 e co temor a que a poboación alemá sufrira represalias, a súa nai Elsbeth Krauledat, viúva de guerra, colleu o seu neno e fuxiu con milleiros de compatriotas, no que se coñece como a Evacuación de Prusia Oriental. Viven ata 1948 en Arnstadt na zona de ocupación soviética e logo en Hannóver, na zona británica.

En 1958 a familia emigrou a Toronto no Canadá, e despois, en 1963, a Buffalo nos Estados Unidos. En 1965 uniuse á banda canadense de blues rock The Sparrows que tivo un éxito moderado e que se mudou para California no decurso do ano seguinte cambiando o seu nome en 1967 para Steppenwolf, con Kay como vocalista, chegando ao éxito con cancións como Born to Be Wild. En 1994 publicou a súa autobiografía Magic Carpet Ride: The Autobiography of John Kay and Steppenwolf.

Estrela de John Kay na Paseo da fama de Canadá.[1]

Notas [editar]

  1. (en inglés) Canadaswalkoffame - Data de acceso 3 de maio de 2010.

Véxase tamén [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:

Ligazóns externas [editar]