John Campbell Merriam

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

John Campbell Merriam, nado en Hopkinton, Iowa (Estados Unidos de América) o 20 de outubro de 1869 e finado o 30 de outubro de 1945 foi un paleontólogo estadounidense.

Foi un especialista na paleontoloxía de vertebrados, o máis destacado estudos dos fósiles da costa oeste dos Estados Unidos, e moi coñecido pola súa taxonomía dos vertebrados fósiles de La Brea Tar Pits, en Los Ángeles, particularmente do xénero Smilodon, o coñecido como "gato dentes de sabre".

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]