John Banim

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
John Banim

John Banim, nado en Kilkenny en 1798 e finado en 1842, foi un escritor irlandés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou en Kilkenny e Dublín, tras rematar os seus estudos volveu a Kilkenny onde ensinou debuxo, namorado dunha das súas alumnas, os pais dela conseguiron que tivera que marchar da cidade, pero a rapariga morreu, o que causou unha fonda impresión en Banim.

En 1820 asentouse en Dublín e alí publicou o seu primeiro libro de poemas, The Celt's Paradise e a traxedia Damon and Pythias (1821). En colaboración co seu irmán Michael escribiu unha serie de contos ilustrativos da vida irlandesa. John Banim marchou a Londres, onde sobreviviu escribindo en revistas.

En 1825 aparece a primeira serie de Tales of the O'Hara Family que conseguiu un rápido éxito, ao ano seguinte aparece a segunda serie, que inclúe a novela The Nowlands, debido á mala saúde de John a terceira serie foi obra unicamente do seu irmán. En 1829 trasládase a Francia por motivos de saúde, en 1835, xa inválido, aséntase preto de Kikenny onde pasará o resto da súa vida.