John Balan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Manuel Outeda, chamado artisticamente John Balan, nado no lugar da Gorita en Seixo (Marín), en 1934 e falecido o 19 de marzo de 2008 en Pontevedra, foi un artista galego.

[editar] Traxectoria

Actor afeccionado, comezou a súa carreira a principios dos anos sesenta, cantando polos bares de Pontevedra e actuando ocasionalmente con orquestras. Coñeceu a fama logo de aparecer nos anos setenta en diversos programas de televisión, da man do presentador José María Íñigo. Nas súas actuacións era capaz de imitar numerosos acentos e sons distintos, polo que era coñecido como home orquestra, e aparecía comunmente disfrazado de vaqueiro, falando un falso inglés. Esa é a orixe do seu pseudónimo[Cómpre referencia]. Tamén improvisaba guións de filmes en base a esquemas xenéricos, entre os que figuraba a miúdo o western. Era moi común ver as súas actuacións no trolebús que unía Marín con Pontevedra.

Unha das súas facetas artísticas consistía en empregar unha porta ás cóstas, onde cunha man facía os baixos e coa outra a percusión, á vez que pola boca emitía sons de instrumentos de vento ou cantaba. Tamén por isto foi coñecido como "O home da porta".

Na recta final da súa carreira profesional realizou diversas colaboracións para a Televisión de Galicia, tendo un espazo fixo no programa Adiviña quen vén esta noite (1990), anuncios publicitarios e traballou como animador para orquestras populares.

Enfermo de hemiplexía, pasou os seus últimos anos no asilo de anciáns de Pontevedra. Unha rúa de Marín leva o seu nome.

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas