John Howe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
John Howe
Nacemento21 de agosto de 1957
Lugar de nacementoVancouver
NacionalidadeCanadá
Alma máterÉcole supérieure des arts décoratifs de Strasbourg e Ecole Nationale Supérieure des Arts Décoratifs
Ocupaciónilustrador
PremiosAmerigo Vespucci Youth Award
Na rede
http://www.john-howe.com/
IMDB: nm0397849 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

John Howe, nado en Vancouver o 21 de agosto de 1957, é un ilustrador canadense de libros e filmes, coñecido principalmente polos seus traballos baseados na obra de J. R. R. Tolkien.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Howe e Alan Lee foron os artistas principais na triloxía do Señor dos Aneis de Peter Jackson.[2] Tamén reilustrou os mapas do Señor dos Aneis, O hobbit e O Silmarillion entre 1996 e 2003.

Con todo, o seu traballo non se limita á obra de Tolkien. Ilustrou moitos libros de fantasía, como os de Robin Hobb, ou debuxado sobre a lenda anglosaxoa Beowulf. Contribuíu á adaptación da película The Chronicles of Narnia: The Lion, the Witch and the Wardrobe da obra de C. S. Lewis. En 2005, unha edición limitada da novela A Clash of Kings de George R. R. Martin foi publicada por Meisha Merlin Publishing, incluíndo varias ilustracións de Howe.

O seu último traballo con Peter Jackson é a adaptación cinematográfica da obra O Hobbit, formando equipo, unha vez máis, con Alan Lee como deseñador conceptual do mundo de Tolkien.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Dibujos de Howe sobre el universo de Tolkien". Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2015. Consultado o 13 de xaneiro de 2018. 
  2. "Diseños y arte conceptual de Howe para la trilogía de Peter Jackson". 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]