John Charles Fields

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJohn Charles Fields

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento14 de maio de 1863 Editar o valor em Wikidata
Hamilton, Canadá Editar o valor em Wikidata
Morte9 de agosto de 1932 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Toronto, Canadá Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaHamilton Cemetery (en) Traducir 43°16′36″N 79°53′25″O / 43.27661, -79.89019 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCanadá Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Toronto
Universidade Johns Hopkins Editar o valor em Wikidata
Tese académicaSymbolic Finite Solutions and Solutions by Definite Integrals of the Equation dny/dxn = xmy (en) Traducir Editar o valor em Wikidata (1887 Editar o valor em Wikidata)
Actividade
Ocupaciónmatemático Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Toronto (1902–1932)
Allegheny College (en) Traducir (1889–1892)
Universidade Johns Hopkins (1887–1889) Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoSamuel Beatty (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Arquivos en
Premios

WikiTree: Fields-5547 Find a Grave: 95891956 Editar o valor em Wikidata

John Charles Fields FRS,[1] nado o 14 de maio de 1863 en Hamilton, Ontario e finado o 9 de agosto de 1932, foi un matemático canadense que creou as bases para instituír o premio coñecido como a Medalla Fields, outorgado aos logros extraordinarios no campo da matemática.

O premio foi entregado por vez primeira en 1936 e, dende 1950, é a Unión Matemática Internacional, quen se encarga de concedelo cada 4 anos a 2, 3 ou 4 matemáticos de idade inferior a 40 anos no Congreso Internacional de Matemáticas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

John Charles Fields graduouse no Hamilton Collegiate Institute, en 1880, e máis tarde, en 1884, na Universidade de Toronto na que conseguiu a medalla de ouro en matemáticas[1], momento no que decidiu se trasladar a Estados Unidos para continuar os seus estudos na Universidade Johns Hopkins, en Baltimore, Maryland. En 1886, a súa tese titulada "Solucións simbólicas finitas e solucións por integrais definidas da ecuación dny/dxn = xmy", foi publicado no American Journal of Mathematics. Recibiu o doutoramento en 1887.

Permaneceu como profesor na Universidade Johns Hopkins, durante dous anos, para marchar tras este período a Meadville, Pensilvania, onde ingresou como membro da facultade do Allegheny College. Desilusionado polo estado da investigación matemática da época nos Estados Unidos, en 1881 marchou a Europa, estando enBerlín, Gotinga e París, onde coñeceu e traballou con moitos dos máis importantes matemáticos daquel tempo, como Karl Weierstrass, Felix Klein, Ferdinand Georg Frobenius e Max Planck. Tamén coñeceu a Gösta Mittag-Leffler, con quen mantivo unha forte amizade. Neste momento, comezou a publicar artigos sobre un tema novo, as funcións alxébricas, que foi co tempo o campo de investigación máis importante da súa carreira.

En 1902, torna ao Canadá para traballar na Universidade de Toronto. Dende a súa volta adicouse na súa terra natal a elevar o nivel de matemáticas tanto en círculos académicos como públicos. Meteu presión o goberno de Ontario para conseguir unha axuda de 75.000 dólares ao ano, coa que creou o Consello Nacional do Canadá para a Investigación, e a Fundación para a Investigación de Ontario.

En 1907, foi elixido membro da Royal Society do Canadá, e 1913 da Royal Society de Londres. Tamén presidiu o Real Instituto Canadense de 1919 a 1925, período no que intentou covertelo nun centro de referencia da investigación. Os seus esforzos conseguiron que Toronto chegase a se-la sede da Conferencia Matemática Internacional en 1924 que el presidiu e onde propuxo a creación dun premio internacional que daría orixe ás Medallas Field.[2]

Porén, Charles Fields é máis coñecido por se-la persoa que creou o Premio da Medalla Fields que é considerado como o premio Nobel de matemáticas. Ideou o premio cara ao final da década dos anos vinte, mais por problemas de saúde non a viu realizada. Tras estar 3 meses enfermo, morreu á idade de 69 anos deixando no seu testamento 47.000 dólares para o fondo que outorga a Medalla Fields.

O instituto Fields, da universidade de Toronto, chámase así na súa honra.[3]

Reverso da Medalla Fields

Medalla Fields[editar | editar a fonte]

Na historia da Medalla Fields, só hai un caso dun premiado que se negase a recollela: o matemático ruso Grigori Perelman, que afirmou que se a súa demostración era correcta, non precisaba máis recoñecemento[4].

O único físico que conseguiu a medalla é Edward Witten que a recibiu en 1990 e que, en 2017, está a traballar no departamento de física da universidade de Princeton.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Synge, J.L. (1-decembro-1933). "John Charles Fields, 1863 - 1932". Biographical memoirs of fellows of the Royal Society. ISSN 1479-571X. doi:10.1098/rsbm.1933.0010. 
  2. "La web de las biografías". Consultado o 29-07-2017. 
  3. Spinard, Jeremy P. (2003). Efficient Graph Representations.:. Fields Institute Monographs 19. Providence (Rhode Island): American Mathematical Society. ISBN 0-8218-2815-0. 
  4. "El ruso Perelman rechaza la medalla Fields, la mayor distinción matemática". Consultado o 29-07-2017. 
  5. "Páxina do departamento de física da universidade de Princeton" (en inglés). Consultado o 29-07-2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]