Johann Michael Bach

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJohann Michael Bach

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento9 de agosto de 1648 Editar o valor em Wikidata
Arnstadt Editar o valor em Wikidata
Morte17 de maio de 1694 Editar o valor em Wikidata (45 anos)
Gehren Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor Editar o valor em Wikidata
MovementoMúsica barroca Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
InstrumentoÓrgano Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaFamilia Bach Editar o valor em Wikidata
FillosMaria Barbara Bach (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisHeinrich Bach Editar o valor em Wikidata  e Eva Hoffmann (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsJohann Christoph Bach Editar o valor em Wikidata

Spotify: 7w0pY2nOYTDsPFcbvHBTVs Musicbrainz: a19c2e3e-ddf6-411d-a3b2-454d2651effe Discogs: 2018721 IMSLP: Category:Bach,_Johann_Michael Allmusic: mn0002164176 WikiTree: Bach-335 Editar o valor em Wikidata
Non confundir con Johann Michael Bach (1745–1820)

Johann Michael Bach, nado o 9 de agosto de 1648 en Arnstadt (Schwarzburg-Sondershausen, Sacro Imperio Romano Xermánico) e finado o 17 de maio de 1694 en Gehren, foi un compositor e organista alemán do Barroco. Foi o irmán de Johann Christoph Bach, así como sogro de Johann Sebastian Bach (foi pai de Maria Barbara Bach, a primeira muller de J.S. Bach). Ás veces é chamado o "Bach de Gehren" para diferencialo do "Bach de Wuppertal", Johann Michael Bach (1745–1820).[1][2][3][4]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: Familia Bach.

Johann Michael naceu en Arnstadt, fillo de Heinrich Bach, que era o tío avó de Johann Sebastian Bach. Recibiu a súa educación do seu pai, e posteriormente co Kantor de Arnstadt Jonas de Fletin, de quen tomou o seu interese pola música vocal. En 1665 tomou o relevo do seu irmán como organista na capela do castelo de Arnstadt, e en 1673 converteuse en organista e secretario do concello de Gehren, onde tamén construíu órganos e viviu ata a súa morte.[5]

Obra[editar | editar a fonte]

A súa obra máis interpretada é o pequeno preludio coral para órgano, In Dulci Jubilo, que durante moitos anos foi atribuído a J. S. Bach, tendo sido incluído no catálogo de obras de Bach co número BWV 751. Outras composicións importantes súas son as cantatas Ach, bleib bei uns, Herr Jesu Christ (para coro, cordas e baixo continuo), Liebster Jesu, hör mein Flehen (para soprano, alto, dous tenores, baixo, cordas e continuo), e Ach, wie sehnlich wart' ich der Zeit (tamén para soprano, cordas e continuo).

  • Das Blut Christi
  • Ach wie sehnlich wart ich der Zeit
  • Auf, lasst uns den Herren loben
  • Halt was du hast
  • Fürchtet euch nicht
  • Sei lieber Tag willkommen
  • Ich weiss, dass mein Erlöser lebt
  • Herr, ich warte auf dein Heil
  • Herr, wenn ich dich nur habe
  • Unser Leben währet siebenzig Jahre

Amais de compoñer música, J. M. Bach fabricou instrumentos musicais, entro outros harpsicordios.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Johann Michael Bach, der »Gehrener Bach« (1648-1694), en: Musik und Gottesdienst 1994, 50-57
  2. Hai unha referencia problemática para "Johann Michael Bach (1660-1723)"(?) nado en Arnstadt e organista en Gehren, en Allgemeine illustrierte Encyklopädie der Musikgeschichte 1902 ed Hermann Ritter "(Johann Michael Bach, der 1660 in Arnstadt geboren wurde, war Organist und Stadtschreiber in Gehren [Fürstentum Schwarzburg-Sondershausen], wo er 1723 starb" Esto parece ser unha errata, xa que as datas de nacemento e morte non se corresponden co "Bach de Gehren", senón coas de Johann Lorenz Stauber (1660-1723)
  3. Provokation und Tradition: Hans-Martin Linde, Regula Rapp - 2000 "Hier bot sich nun endlich die Gelegenheit, Johann Michael Bach (II) als den ,Wuppertaler' Bach vorzustellen, als der er sich für uns inzwischen erwiesen hatte und dessen Kantate wir im Januar 1986 beiseite gelegt hatten. "
  4. Hugo Riemann (1849-1919): Leben, Werk und Wirkung Michael Arntz - 1999 "Es gab sogar noch einen weiteren bühnentauglichen Schreiber in der Dynastie, Johann Michael Bach hieß er, ... fand sein Auskommen als Musiklehrer eines Gymnasiums im bergischen Elberfeld, heute Wuppertal, wo er 1820 mit 75 Jahren starb."
  5. classicalarchives.com (ed.). "Johann Michael Bach (1648-1694)" (en inglés). Consultado o 29 de decembro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]