Johann Heinrich Hübschmann

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Johann Heinrich Hübschmann

Johann Heinrich Hübschmann, nado en Erfurt o 1 de xullo de 1848 e morto en Friburgo o 20 de xaneiro de 1908, foi un filólogo alemán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou filoloxía oriental en Jena, Tübingen, Leipzig, e Múnic; en 1876 converteuse en profesor de linguas iranias en Leipzig, e en 1877 en profesor de filoloxía comparada na Universidade de Estrasburgo. Foi o primeiro en establecer a correcta relación do armenio coas linguas indoeuropeas.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Armenische Studien (1883).
  • Das indogermanische Vokalsystem (1885).
  • Etymologie und Lautlehre der ossetischen Sprache (1887).
  • Persische Studien (1895).
  • Armenische Grammatik (1895).
  • Altarmenische Ortsnamen (1904).