Johann Christoph Bach (1671–1721)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Johann Christoph Bach
Nacemento16 de xuño de 1671
 Erfurt Sacro Imperio Romano Xermánico
Falecemento22 de febreiro de 1721
 OhrdrufSacro Imperio Romano Xermánico
NacionalidadeAlemaña
Instrumento(s)Clavicémbalo Órgano
PaiJohann Ambrosius Bach
NaiMaria Elisabetha Lämmerhirt
Parella/sJohanna Dorothea von der Höfe
FillosTobias Friedrich Bach, Johann Bernhard Bach, Johann Christoph Bach VIII, Johann Heinrich Bach e Johann Andreas Bach
IrmánsJohann Sebastian Bach e Johann Jacob Bach
Na rede
Musicbrainz: cc8d07ef-24ec-40d3-9820-659abad380b0 WikiTree: Bach-220 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Johann Christoph Bach, nado o 16 de xuño de 1671 en Erfurt (Turinxia, daquela no Sacro Imperio Romano-Xermánico e actualmente en Alemaña) e finado o 22 de febreiro de 1721 en Ohrdruf, foi un músico e compositor alemán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo máis vello de Johann Ambrosius Bach (de quen recibiu as súas primeiras leccións de música), foi o irmán máis vello do famoso músico e compositor alemán Johann Sebastian Bach. Estodou na Escola de Latín de Eisenach entre 1681 e 1685, marchando posteriormente a Erfurt para estudar con Johann Pachelbel e posteriormente axudou ao seu tío avó Heinrich Bach en Arnstadt entre 1689 e 1690, xa que Heinrich quedara cego. A súa biblioteca para teclado inclúe obras de Pachelbel, Johann Jakob Froberger e Johann Kaspar Kerll. En 1690 converteuse en organista da Michaeliskirche de Ohrdruf, cargo que ostentou o resto da súa vida e o 23 de outubro de 1694 casou con Johanna Dorothea von der Höfe, coa que tivo oito fillos.[1] Á morte de seu pai en 1695, levou a Ohrdruf ao seu irmán Johann Sebastian, encargándose da súa manutención e educación, sendo prováblemente un dos seus profesores de música. Durante os seus últimos anos de vida alternou o seu traballo de organista co de mestre de escola. Morreu en 1721 en Ohrdruf.[1]

Familia[editar | editar a fonte]

Entre os seus fillos salientan os seguintes:

Relación con J.S. Bach[editar | editar a fonte]

Segundo o obituario de J.S. Bach escrito por Mizler, foi baixo a guía de Christoph como J.S. Bach "sentou as bases da súa técnica de teclado". Christoph é así e todo máis comunmente recordado por denegar ao seu irmán máis novo o acceso a un libro coas súas pezas de teclado:

O libro foi gardado nun armario asegurado só por portas de celosía. El [Sebastian] foi polo tanto capaz de alcanzar o a través da rede coas súas pequenas mans e enrollar o libro, que tan só tiña unha cuberta de papel; deste xeito foi capaz de sacalo pola noite, cando todos estaban na cama, e copialo á luz da lúa, xa que non tiña outra luz. Logo de seis meses estaba encantado de ter ese tesouro musical nas súas mans, e gardou o segredo cun celo inusual para beneficiarse del ata que, moi ao seu pesar, seu irmán descubriuno e confiscou a música coa que tivera tomado tantas molestias en copiar.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Malcolm Boyd: Bach, pp. 7–8, ISBN 0-19-514222-5
  2. Malcolm Boyd: Bach, p. 8 ISBN 0-19-514222-5

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Diccionario Enciclopédico de la Música Música Maestro, Editorial Rombo, 1996, ISBN 8482579323
  • Musicalia, Enciclopedia y Guía de la Música Clásica, Editorial Salvat, 1986, ISBN 84-7137-872-8
  • Larousse de la musique, Librairie Larousse, 1957

Outros artigos[editar | editar a fonte]