Johann Christian Brand

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Retratado por Adam Bartsch, 1793

Johann Christian Brand, nado o 6 de marzo de 1722 en Viena, e finado o 12 de xuño de 1795 na mesma cidade, foi un pintor austríaco, irmán de Friedrich August Brand e fillo de Christian Hilfgott Brand, tamén pintores.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De estilo barroco, as súas obras marcan a transición de fins do século XVIII.

Comezou traballando no taller do seu pai e estudou na Academia de Belas Artes de Viena, onde foi profesor logo. De 1751 a 1756 viviu en Hungría e cando volveu a Austria, traballou como pintor da corte.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. http://www.aeiou.at/aeiou.encyclop.b/b682203.htm;internal&action=_setlanguage.action?LANGUAGE=de
  2. https://www.larousse.fr/encyclopedie/peinture/Brand/151279