Johan Limpers

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Johan Limpers, nado o 2 de agosto de 1915 en Heemstede e finado o 10 de xuño de 1944 dun tiro, foi un escultor dos Países Baixos. Johan Limpers recibiu a súa formación na Academia Estatal en Ámsterdan, sendo alumno de Jan Bronner. A súa obra é monumental e mostra unha gran sensibilidade. El fixo moitos retratos. En 1940 gañou unha medalla de prata no Premio de Roma e empatou na arte monumental.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Johan Limpers