Johan Ernst Gunnerus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Johan Ernst Gunnerus
Nacemento26 de febreiro de 1718
Lugar de nacementoChristiania
Falecemento25 de setembro de 1773
Lugar de falecementoKristiansund
NacionalidadeNoruega
EtniaPobo noruegués
Relixiónluteranismo
Ocupaciónbotánico, ornitólogo, pteridólogo, briólogo, sacerdote, zoólogo, teólogo, liquenólogo, profesor universitario, micólogo, filólogo e filósofo
editar datos en Wikidata ]

Johan Ernst Gunnerus, nado en Christiania (Oslo) o 26 de febreiro de 1718 e finado en Kristiansund (Noruega) o 23 de setembro de 1773, foi un naturalista, profesor, botánico, micólogo e bispo noruegués.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Gunnerus naceu en Christiania. Foi bispo de Trondheim desde 1758, e profesor de teoloxía na Universidade de Copenhaguen.

Gunnerus tiñaa un grande interese pola historia natural e acumulou unha gran colección de espécimes das súas excursións polo centro e o norte de Noruega. Tamén solicitaba aos seus coñecidos que llos enviaran.

Xunto co historiador Gerhard Schönning e Peter Friederich Suhm fundou a Sociedade Trondheim en 1760.

En 1767 recoñecéuselle o seu labor nomeándoo membro da Real Sociedade das Ciencias e as Letras de Noruega, da que foi vicepresidente e Director Perpetuus desde 1767 a 1773.

A Sociedade comezou a publicar, en 1761, un semanario titulado Det Trondhiemske Selskabs Skrifter, actualmente publicado como Det Kongelige Norske Videnskabers Selskabs Skrifter.

En 1765 Gunnerus publicou a descrición dun tiburón neste semanario, dándolle o nome científico de Squalus maximius, hoxe denominado Cetorhinus maximus (Gunnerus).

Gunnerus foi o primeiro en suxerir que as luces do norte (auroras boreais estaban causadas polo Sol, e que tamén podería haber auroras polares ao redor da Lúna, Venus e Mercurio.

Epónimos[editar | editar a fonte]

O xénero de plantas Gunnera L. 1756 foi nomeado na súa honra.

Abreviaturas[editar | editar a fonte]

  • A abreviatura Gunnerus emprégase para indicar a Johan Ernst Gunnerus como autoridade na descrición e clasificación científica en botánica.
  • A abreviatura Gunnerus emprégase para indicar a Johan Ernst Gunnerus como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]