Joe Frazier

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Frazier en 2010.

Joseph William "Smokin' Joe" Frazier, nado o 12 de xaneiro de 1944 en Beaufort (Carolina do Sur) e finado en Filadelfia (Pensilvania) o 7 de novembro de 2011, foi un ex-campión mundial de boxeo na categoría de peso pesado. Tamén conquistou unha medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Tokio de 1964.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1968 Frazier foi recoñecido como campión mundial pola Comisión de Boxeo de New York, entidade que pactou un combate entre Frazier e Buster Mathis para designar o substituto de Muhammad Ali, ao que se lle retirara o título por negarse a ingresar no exército e ir á guerra de Vietnam. Frazer gañou por KO, pero o título non tiña recoñecemento a nivel mundial, polo que Frazier tivo que derrotar a Jimmy Ellis en 1971 para converterse no campión da categoría, adxudicándose os cetros do Consello Mundial de Boxeo e a Asociación Mundial de Boxeo[1]. Perdeu o cetro ante George Foreman en Kingston (Xamaica) o 22 de xaneiro de 1973.

Frazier é coñecido principalmente polos tres combates que desputou contra Muhammad Ali. O primeiro deles tivo lugar en New York o 8 de marzo de 1971, denominado "A pelexa do século" e gañado por Frazier por decisión unánime. Volveron enfrontarse en dúas ocasións: outra volta en New York o 28 de xaneiro de 1974, con victoria de Ali por decisión unánime, e en Manila (Filipinas) o 1 de outubro de 1975, evento publicitado como The Thrilla in Manila e considerado por parte da crítica como o mellor combate de boxeo da historia[2][3][4], que rematou con triunfo de Ali ao retirarse Frazier despois do décimo cuarto asalto. Os dous púxiles mantiveron un resentimento mutuo tanto dentro como fóra do cadrilátero durante moito tempo.[5].

En 1980 ingresou no Salón Internacional da Fama do Boxeo[6]. A pesar dos seus logros, Frazier perdeu case toda a súa fortuna. Terminou vivindo nun apartamento modesto en Filadelfia, e adestraba a boxeadores novos[5].

En outubro de 2011 anunciouse que tiña cancro de fígado, morrendo o mes seguinte.

Combates profesionais[editar | editar a fonte]

32 Vitorias (27 por KO, 5 por puntos), 4 Derrotas (3 por KO, 1 por puntos), 1 Empate [1]
Resultado Record Rival Decisión Asaltos Data Localización Evento
Empate 32–4–1 Flag of the United States.svg Floyd Cummings MD 10 3 de decembro, 1981 Flag of the United States.svg International Amphitheatre, Chicago, Illinois, Estados Unidos
Derrota 32–4 Flag of the United States.svg George Foreman TKO 5 (12) 15 de xuño, 1976 Flag of the United States.svg Nassau Coliseum, Uniondale, Nova York, Estados Unidos
Derrota 32–3 Flag of the United States.svg Muhammad Ali RTD 14 (15) 1 de outubro, 1975 Flag of the Philippines.svg Araneta Coliseum, Quezon City, Metro Manila, Filipinas Título mundial en xogo.
Vitoria 32–2 Flag of the United States.svg Jimmy Ellis TKO 9 (12) 2 de marzo, 1975 Australia St Kilda Junction Oval, Melbourne, Victoria, Australia
Vitoria 31–2 Flag of the United States.svg Jerry Quarry TKO 5 (10) 17 de xuño, 1974 Flag of the United States.svg Madison Square Garden, Nova York, Nova York, Estados Unidos
Derrota 30–2 Flag of the United States.svg Muhammad Ali UD 12 28 de xaneiro, 1974 Flag of the United States.svg Madison Square Garden, Nova York, Nova York, Estados Unidos
Vitoria 30–1 Australia Joe Bugner PTS 12 2 de xullo, 1973 Flag of the United Kingdom.svg Earls Court Arena, Kensington, Londres, Inglaterra, Reino Unido
Derrota 29–1 Flag of the United States.svg George Foreman TKO 2 (15) 22 de xaneiro, 1973 Flag of Jamaica.svg National Stadium, Kingston, Xamaica Título mundial en xogo.
Vitoria 29–0 Flag of the United States.svg Ron Stander TKO 5 (15) 25 de maio, 1972 Flag of the United States.svg Civic Auditorium, Omaha, Nebraska, Estados Unidos Título mundial en xogo.
Vitoria 28–0 Flag of the United States.svg Terry Daniels TKO 4 (15) 15 de xaneiro, 1972 Flag of the United States.svg Rivergate Auditorium, Nova Orleans, Louisiana, Estados Unidos Título mundial en xogo.
Vitoria 27–0 Flag of the United States.svg Muhammad Ali UD 15 8 de marzo, 1971 Flag of the United States.svg Madison Square Garden, Nova York, Nova York, Estados Unidos Título mundial en xogo.
Vitoria 26–0 Flag of the United States.svg Bob Foster KO 2 (15) 18 de novembro, 1970 Flag of the United States.svg Cobo Arena, Detroit, Michigan, Estados Unidos Título mundial en xogo.
Vitoria 25–0 Flag of the United States.svg Jimmy Ellis TKO 5 (15) 16 de febreiro, 1970 Flag of the United States.svg Madison Square Garden, Nova York, Nova York, Estados Unidos Título mundial en xogo.
Vitoria 24–0 Flag of the United States.svg Jerry Quarry TKO 7 (15) 23 de xuño, 1969 Flag of the United States.svg Madison Square Garden, Nova York, Nova York, Estados Unidos
Vitoria 23–0 Flag of the United States.svg Dave Zyglewicz KO 1 (15) 22 de abril, 1969 Flag of the United States.svg Sam Houston Coliseum, Houston, Texas, Estados Unidos
Vitoria 22–0 Flag of Argentina.svg Oscar Bonavena UD 15 10 de decembro, 1968 Flag of the United States.svg Spectrum Arena, Philadelphia, Pennsylvania, Estados Unidos
Vitoria 21–0 Flag of Mexico.svg Manuel Ramos TKO 2 (15) 24 de xuño, 1968 Flag of the United States.svg Madison Square Garden, Nova York, Nova York, Estados Unidos
Vitoria 20–0 Flag of the United States.svg Buster Mathis TKO 11 (15) 4 de marzo, 1968 Flag of the United States.svg Madison Square Garden, Nova York, Nova York, Estados Unidos
Vitoria 19–0 Flag of the United States.svg Marion Connor TKO 3 (10) 18 de decembro, 1967 Flag of the United States.svg Boston Garden, Boston, Massachusetts, Estados Unidos
Vitoria 18–0 Flag of the United States.svg Tony Doyle TKO 2 (10) 17 de outubro, 1967 Flag of the United States.svg Spectrum Arena, Philadelphia, Pennsylvania, Estados Unidos
Vitoria 17–0 Flag of Canada.svg George Chuvalo TKO 4 (10) 19 de xullo, 1967 Flag of the United States.svg Madison Square Garden, Nova York, Nova York, Estados Unidos
Vitoria 16–0 Flag of the United States.svg George Johnson UD 10 4 de maio, 1967 Flag of the United States.svg Olympic Auditorium, Los Angeles, California, Estados Unidos
Vitoria 15–0 Flag of the United States.svg Jefferson Davis TKO 5 (10) 11 de abril, 1967 Flag of the United States.svg Auditorium, Miami Beach, Florida, Estados Unidos
Vitoria 14–0 Flag of the United States.svg Doug Jones KO 6 (10) 21 de febreiro, 1967 Flag of the United States.svg Philadelphia Arena, Philadelphia, Pennsylvania, Estados Unidos
Vitoria 13–0 Flag of the United States.svg Eddie Machen TKO 10 (10) 21 de novembro, 1966 Flag of the United States.svg Olympic Auditorium, Los Angeles, California, Estados Unidos
Vitoria 12–0 Flag of Argentina.svg Oscar Bonavena MD 10 21 de setembro, 1966 Flag of the United States.svg Madison Square Garden, Nova York, Nova York, Estados Unidos
Vitoria 11–0 Flag of the United States.svg Billy Daniels RTD 6 (10) 25 de xullo, 1966 Flag of the United States.svg Convention Hall, Philadelphia, Pennsylvania, Estados Unidos
Vitoria 10–0 Flag of the United States.svg Memphis Al Jones KO 1 (10) 26 de maio, 1966 Flag of the United States.svg Olympic Auditorium, Los Angeles, California, Estados Unidos
Vitoria 9–0 Flag of the United States.svg Chuck Leslie KO 3 (10) 19 de maio, 1966 Flag of the United States.svg Olympic Auditorium, Los Angeles, California, Estados Unidos
Vitoria 8–0 Flag of the United States.svg Don Smith KO 3 (10) 28 de abril, 1966 Flag of the United States.svg Convention Hall, Pittsburgh, Pennsylvania, Estados Unidos
Vitoria 7–0 Flag of the United States.svg Charley Polite TKO 2 (10) 4 de abril, 1966 Flag of the United States.svg Philadelphia Arena, Philadelphia, Pennsylvania, Estados Unidos
Vitoria 6–0 Flag of the United States.svg Dick Wipperman TKO 5 (8) 4 de marzo, 1966 Flag of the United States.svg Madison Square Garden, Nova York, Nova York, Estados Unidos
Vitoria 5–0 Flag of the United States.svg Mel Turnbow KO 1 (8) 4 de marzo, 1966 Flag of the United States.svg Convention Hall, Philadelphia, Pennsylvania, Estados Unidos
Vitoria 4–0 Flag of the United States.svg Abe Davis KO 1 (8) 4 de marzo, 1966 Flag of the United States.svg Hotel Philadelphia Auditorium, Philadelphia, Pennsylvania, Estados Unidos
Vitoria 3–0 Flag of the United States.svg Ray Staples TKO 2 (6) 28 de setembro, 1965 Flag of the United States.svg Arena, Philadelphia, Pennsylvania, Estados Unidos
Vitoria 2–0 Flag of the United States.svg Mike Bruce TKO 3 (6) 20 de setembro, 1965 Flag of the United States.svg Convention Hall, Philadelphia, Pennsylvania, Estados Unidos
Vitoria 1–0 Flag of the United States.svg Woody Goss TKO 1 (6) 16 de agosto, 1965 Flag of the United States.svg Convention Hall, Philadelphia, Pennsylvania, Estados Unidos

Lenda: TKO = KO técnico, UD = Decisión unánime dos xuíces por puntos, MD = Decisión dos médicos, SD = Decisión non unánime dos xuíces por puntos.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Joe Frazier Modificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]