Joe Dumars

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Joe Dumars
Posición Escolta
Dorsal 4
Altura 1,91 m (6 ft 3 in)
Peso oficial 88 kg (195 lb)
Nacemento 24 de maio de 1963 (60 anos)
Shreveport, Luisiana
Carreira
Universidade McNeese State
NBA Draft 1985 / Rolda: 1 / Elección: 18
Por Detroit Pistons
Tempadas 19851999
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     16 401
Rebotes     2 203
Asistencias     4 612
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios
  Basketball Hall of Fame como xogador

Joe Dumars III, nado o 24 de maio de 1963 en Shreveport, Luisiana, foi un xogador profesional de baloncesto estadounidense que despuntou na década dos 90. Na actualidade é o Presidente de Operacións dos Detroit Pistons. Formou, xunto a Isiah Thomas, unha das mellores parellas base-escolta da historia da NBA.

Traxectoria deportiva[editar | editar a fonte]

Universidade[editar | editar a fonte]

A súa traxectoria colexial transcorreu na pouco coñecida Universidade de McNeese State, entre 1981 e 1985. Nese período acumulou unhas estatísticas de 22,5 puntos e 4,2 rebotes.

NBA[editar | editar a fonte]

Foi elixido no Draft da NBA de 1985 polos Detroit Pistons, na décimo oitava posición da primeira rolda. Toda a súa carreira profesional transcorreu na cidade de Míchigan. Coa súa escasa estatura (1,91 m), converteuse nun dos mellores escoltas anotadores da súa época. Destacou tamén pola súa extraordinaria faceta defensiva, sendo elixido en catro ocasións no mellor quinteto da liga nese aspecto do xogo. Pertenceu, xunto a outros ilustres compañeiros como Isiah Thomas ou Bill Laimbeer, aos denominados "Bad Boys" (mozos malos), denominación que se atribuíu aos compoñentes dos Pistons pola súa brusca maneira de interpretar o xogo.

Gañou dous aneis de campión da NBA, nos anos 1989 e 1990, arrasando aos Lakers no primeiro (onde foi nomeado MVP das Finais) e facendo o propio cos Portland Trail Blazers no segundo.

Equipos[editar | editar a fonte]

Logros persoais[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns extrernas[editar | editar a fonte]